Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda continúa co reparto de material da campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animais

Todas as persoas que o desexen poden contactar para recibir a súa botella plegable e ampliar información

Todas as persoas que o desexen poden contactar para recibir a súa botella plegable e ampliar información

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda lanzou esta semana unha Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais que contou con dúas sesións presenciais nas que se informou a preto dun cento de veciños e se entregaron material informativo e botellas de xeito gratuíto.

O pasado mércores día 9 de setembro a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, e a técnica de Medio Ambiente do Concello visitaron a Clínica Veterinaria La Guarda e a Clínica Veterinaria Alameda, así como as tendas especializadas en animais French Can Can e Geni – Perruqueria e estética canina, para informar sobre a campaña e repartir flyers. Ademais estas empresas tamén repartirán as botellas para propietarios de animais de compañía en colaboración co Concello da Guarda.

O obxectivo da campaña é visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos.

Esta campaña chama a concienciar á cidadanía que ten cans do problema de limpeza viaria que supón as mexadas destes animais, indicándolles que se deberían priorizar zonas verdes e reixas de drenaxe para que os cans fagan as súas necesidades nestes espazos. Todas as persoas que o desexen poden contactar para recibir a súa botella plegable e ampliar información sobre esta campaña coa técnica de Medio Ambiente do Concello da Guarda no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es ou chamando ao 676 674 837, é preciso que presenten a cartilla de vacinación ou o pasaporte do animal de compañía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí