Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda continúa recibindo fondos a través de subvencións xestionadas polo anterior goberno socialista

O concello da Guarda recibe 1.573.655,26 euros procedentes de fondos europeos, unha subvención para a -Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal-.

O concello da Guarda recibe 1.573.655,26 euros procedentes de fondos europeos, unha subvención para a -Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal-.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Julio de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

  • O concello da Guarda recibe 1.573.655,26 euros procedentes de fondos europeos, unha subvención para a -Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal-.
  • As actuacións que se propoñen na piscina responden a un enfoque integral, dotándolla dunha imaxe exterior máis limpa, moderna e adecuada ao seu entorno, conseguindo un aforro enerxético próximo ao 80 %.

O concello da Guarda continúa recibindo subvencións dos fondos europeos NextGenerationEU xestionadas na etapa do goberno socialista do alcalde Antonio Lomba.

Tendo en conta que o anterior goberno consideraba a piscina municipal unha dotación estratéxica de utilidade pública por a súa función terapéutica e de promoción da vida saudable. Considerando que as súas instalacións e o propio edificio teñen equipamentos obsoletos e espazos desaproveitados, o goberno socialista promoveu un estudo enerxético, arquitectónico e funcional, coa participación da cidadanía, co fin de concretar as necesidades de mellora da piscina municipal dende o punto de vista da eficiencia enerxética, de optimización de espazos e de modernización das instalacións.

As actuacións máis importantes que se propoñen responden a un enfoque integral que combina a adaptación funcional, estética, económica e social do edificio; dotándollo dunha imaxe exterior máis limpa, moderna e adecuada ao seu entorno. Conseguindo un aforro enerxético próximo ao 80 %. Amplíase o ximnasio. Ábrese un novo vaso para aprendizaxe de 1m de profundidade e créase unha nova sala de usos múltiples reordenando os espazos e reducindo a zona de recepción.

Unha vez elaborada a documentación coa proposta de mellora tocaba buscar financiamento, e así, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o goberno de Antonio Lomba solicitou, fai uns meses, fondos para a rehabilitación da piscina municipal climatizada do concello da Guarda. A solicitude de subvención canalizouse a través da convocatoria da Liña 2 do programa de rehabilitación integral de edificios públicos de titularidade local (Pirep Local).

O “Ministerio de Transportes Movilildad y Agenda Urbana”, xestor dos fondos Pirep, comunicou ao concello que o importe concedido para a “Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal da Guarda” é o solicitado e ascende a 1.573.655,26 € tendo que estar rematada e recepcionada antes do 31 de marzo do 2026.

O Grupo Municipal Socialista quere manifestar a súa satisfacción polo éxito das xestións que permitiron a obtención desta subvención tan importante para A Guarda, tanto pola contía como polo seu destino. Antonio Lomba declara que “estes son resultados do traballo feito no noso mandato. Estamos moi satisfeitos por conseguir esta subvención e esperamos que non sexa a última xa que aínda ahi solicitudes de financiamento sen resolver para proxectos importantes para a nosa localidade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí