Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA E CAMINHA COMBINAN ESFORZOS PARA FAVORECER E GARANTIR A NAVEGABILIDADE DO RÍO MINHO BAIXO O LEMA -O MINHO QUE NOS UNE-

A vila de A Guarda acollerá o vindeiro Venres 10 de Maio un seminario internacional e as viaxes no Ferry-Boat serán gratuitas durante ese día

Fecha: 10 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes día 7 de Maio de 2013 celebrouse no Ferry-Boat que une as localidades de A guarda(Galicia) e Caminha(Portugal) a presentación do Seminario internacional "O Minho que nos une" que se celebrará no Centro Cultural de A Guarda o vindeiro Venres día 10 de Maio de 2013 .Neste acto, que estivo seguido por medios de comunicación de ámbalas ribeiras do Río Miño estiveron presentes o Alcalde de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e o Vicepresidente de Caminha, D. Flamiano Martins, acompañados de técnicos de ámbolos municipios.

Durante este acto presentouse o Seminario Internacional que terá lugar o próximo venres día 10 de maio no Centro Cultural do Concello da Guarda e que está organizado polos dous municipios. Este seminario ten como obxectivo abordar temas relacionados co río Miño e permitir a participación das institucións e veciños de Portugal e España. O seminario intégrase no proxecto para a promoción do río Miño promovido polos municipios de ámbolos lados da fronteira.

Os dous representantes definiron o programa que comprende un conxunto de conferencias onde se abordará a evolución e a historia do río Miño, o programa europeo transfronteirizo entre 2014 e 2020 e algúns casos de éxito noutros ríos de Portugal e España. Durante a tarde realizaranse tres grupos de traballo con representantes de diversas institucións e especialistas de ámbolos lados da fronteira, onde serán debatidos temas relacionados co desenvolvemento económico sustentábel da rexión, estratexias para a promoción do patrimonio e a preservación dos usos e da biodiversidade do río Miño. Tamén foi programada unha visita guiada polo Monte de Santa Trega.

Os moderadores dos grupos de traballo exporán as aportacións e acordos tomados como conclusións no acto de peche do seminario. Ó seminario poden asistir todos aqueles interesados ou entes vinculados o Miño.

 

Image 

VER PROGRAMA

FOTOGRAFÍAS

(Fai clic na imaxe para acceder ó Album de fotografías)

Fotografía
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones