Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda fomenta e impulsa a práctica do baloncesto no municipio

O Clube de Baloncesto BMB colabora activamente nesta nova etapa que arranca para este deporte na Guarda.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, ven de realizar este mércores unha reunión para fomentar e impulsar a práctica do deporte do baloncesto na vila, un deporte que amosa un forte incremento e que conta cun clube local.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, ven de realizar este mércores unha reunión para fomentar e impulsar a práctica do deporte do baloncesto na vila, un deporte que amosa un forte incremento e que conta cun clube local, o Clube de Baloncesto BMB, que colabora activamente nesta nova etapa que arranca para este deporte na Guarda.

A Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, avanzou nesta reunión o total apoio do consistorio local para que a práctica deste deporte continúe o seu crecemento, insistindo na necesidade de crear canteira, rapaces e rapazas xoves que se inicien nesta práctica deportiva para poder facer un bo grupo e que o clube local teña equipos suficientes para poder participar en competicións  e realizar campionatos ao longo do ano.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, indicou na súa intervención, que dende o grupo de goberno municipal xa se tentou en varias ocasións potenciar a práctica deste deporte na vila, e considera que este é un bo momento para relanzar o clube local, posto que se conta cun bo adestrador e con moitas gañas e ilusión por traballar nesta nova etapa do clube.

Dende o Concello da Guarda faise un chamamento a rapaces e rapazas para que se inicien na práctica deste deporte, que mellora a coordinación, a habilidade locomotriz, aumenta a resistencia, mellora a axilidade, entre outros tantos beneficios.

Todas as persoas interesadas en iniciarse no baloncesto na Guarda poden contactar con Rubén, que é o adestrador, a través do teléfono 650.67.29.14(Whatsapp).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí