Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda inaugura a Praza Tito Lemos e o nomea Fillo Adoptivo

Foi nun pleno extraordinario cargado de emoción que tivo lugar na mañá do pasado sábado na Casa dos Alonso.

Foi nun pleno extraordinario cargado de emoción que tivo lugar na mañá do pasado sábado na Casa dos Alonso.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Abril de 2023

Fuente: Concello da Guarda

  • Foi nun pleno extraordinario cargado de emoción que tivo lugar esta mañá na Casa dos Alonso.
  • Tamén se descubríu un busto realizado por Magín Picallo na que, dende hoxe é, a Praza Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez.

 

O Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe “Tito Lemos”, continúan coas accións para por en valor a figura do médico falecido en novembro de 2019, tendo en conta a súa ampla traxectoria profesional e o seu compromiso e adicación coa cidadanía guardesa, ben coñecida por todos os guardeses e guardesas, cunha actitude sempre cordial e servicial que deixou pegada nos seus pacientes, familiares e amigos.

 

Joaquín Lemos Zunzunegui “Tito Lemos”, destacou sempre pola súa calidade humana e é precisamente por este motivo polo que se creou na Guarda a Asociación Pro-Homenaxe “Tito Lemos” que pretende homenaxear a figura deste doutor na Guarda, pola súa traxectoria profesional e persoal vinculada a esta vila, ademais do recoñecemento e agarimo dos seus pacientes e dos seus compañeiros de profesión.

 

Dentro das accións e obxectivos fixados pola Asociación, destaca o xa inaugurado observatorio no Monte Santa Trega, a declaración como fillo adoptivo na Guarda ou a colocación dun busto diante da que foi a súa clínica, dando o seu nome tamén á praza onde está ubicada.

 

Na xornada deste sábado día 15 de abril o Salón de Plenos acolleu unha emotiva sesión extraordinaria cun único punto na orde do día, a declaración de Joaquín Lemos Zunzunegui “Tito Lemos” coma Fillo Adoptivo da Guarda, sesión plenaria que se seguíu en streaming na canle de Youtube do Concello da Guarda e na que tiveron a oportunidade de intervir os representantes de cada grupo político con representación municipal, así coma os familiares do homenaxeado, que tamén puideron facer o mataselado especial para esta homenaxe.

 

Unha vez rematada a sesión plenaria, realizouse a descuberta do busto realizado por Magín Picallo na que é, dende este sábado, a Praza de Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez da Guarda.

 

Dende o Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe “Tito Lemos” agradécese a toda a cidadanía e persoas que interviron nestas accións para manter viva a súa figura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí