Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda leva este venres a pleno a proposta de alcaldía de aprobación do plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES)

Temos tamén como meta cara ao 2030 actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos.

Temos tamén como meta cara ao 2030 actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O pasado luns día 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) fixo a presentación deste proxecto, no que participaron os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas.

 

O equipo de goberno fixo partícipes aos demais grupos políticos da corporación da redacción do plan para que fixesen as súas aportación e mostren o seu punto de vista. Non pode ser doutra maneira dado que o documento é para desenvolver políticas municipais ata 2030, ano límite para ter logrado unha redución dun 40% de aforro nas emisións de CO2.

 

O equipo de goberno escoitou as liñas que propoñía a empresa como liñas de traballo e trasladoulle a esta as que para el son liñas estratéxicas, ben porque na actualidade estea xa traballando nelas ou por que as considera fundamentais nas políticas municipais dunha administración que aspira a ser unha referencia na modernización.

 

Destas liñas estratéxicas para o equipo de goberno algunhas son: O aforro en consumo de enerxía eléctrica, xa estamos traballando neste ámbito dende fai tempo, na actualidade estamos coa licitación do cambio da iluminación pública por luminarias led e temos tamén proxectos enriba da mesa que se basean no aproveitamento da enerxía solar.

Temos tamén como meta cara ao 2030 actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos.

 

Temos obxectivos ambiciosos na redución de residuos orgánicos e mellora na separación e reciclaxe de lixo e tamén consideramos como liña estratéxica a xestión da auga. Temos que acadar unha optimización dos recursos hídricos que consigan afrontar períodos de seca con subministro propio, de forma independente ao subministro de Tui.

Por último, o equipo de goberno considera como liña estratéxica mellorar a eficiencia enerxética das edificacións, neste caso hai unha pequena parte que corresponde a entidade local, coas dependencias municipais pero, hai outra parte que, corresponde ás vivendas privadas onde conseguir os obxectivos vai a depender de toda a cidadanía, pero que tamén neste ámbito, hai que traballar con campañas de concienciación e incluso coa adaptación de tributacións, se elo fora posible.

O vindeiro venres día 25 de novembro de 2020 se leva a pleno a proposta de alcaldía da aprobación do plan de acción polo clima e a enerxía sostible (paces).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí