Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda mellora as instalacións do parque deportivo do Codesal

O Concello ampliou a zona deportiva con novas pistas para a práctica da petanca, tres canchas para volei, un campo de fútbol-praia, un campo de balonmán-praia, a mellora da iluminación, novos elementos de calestenia e remodelación do vestiarios e aseos.

O Concello ampliou a zona deportiva con novas pistas para a práctica da petanca, tres canchas para volei, un campo de fútbol-praia, un campo de balonmán-praia, a mellora da iluminación, novos elementos de calestenia e remodelación do vestiarios e aseos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda continúa mellorando o Parque deportivo do Codesal, no cal se realizou a pasada fin de semana a Superliga Galicia de futevolei.

Despois das recentes obras de reforma dos vestiarios do Parque deportivo do Codesal, un espazo de uso público onde se teñen realizado diferentes tarefas para adecuar o terreo para a práctica de diferentes modalidades deportivas coma o volei, o fútbol, o balonmán ou a petanca, o concello ven de instalar tamén novos elementos de calestenia. Este espazo foi cedido ao concello da Guarda por un período de 15 anos pola Entidade Local Menor de Camposancos despois do convenio asinado en xuño de 2020.

Estas instalacións deportivas, ven incrementadas as súas funcionalidades cunha significativa mellora nos espazos para a práctica deportiva, unha pista máis de volei praia(cun total de 3), outra de balonmán praia e outra de fútbol praia. 

Deste xeito se teñen incrementado as pistas existentes para a práctica da Petanca, instalacións que emprega o Clube de Petanca O Caldeiro, o clube con maior número de deportistas federados nesta modalidade en Galicia, con máis de 40 membros é o primeiro clube para a práctica deste deporte na Comarca do Baixo Miño.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, adiantou tamén que se está a preparar un proxecto para unha zona con equipamentos infantís, que terá unha tirolina e diversos elementos para o lecer dos máis pequenos.

O concello da Guarda considera que este é un dos espazos con maiores posibilidades de consolidarse como punto de encontro interxeracional, xa que as instalacións permiten a práctica deportiva de  diferentes colectivos que abarcan idades moi diferentes.  O Parque Deportivo do Codesal ofrece á cidadanía  desfrutar de diferentes actividades  nun entorno paisaxístico  natural (deporte, paseo, lectura, fotografía…) actividades todas elas  seguras e moi necesarias neste momento de pandemia, seguindo así a liña estratéxica marcada polo equipo de goberno de mellora das instalacións deportivas e das instalacións que posibiliten aos veciños e veciñas da localidade espazos seguros ( parques, sendas, zonas deportivas..) tal e como establecen as autoridades  sanitarias.

 

A mellora deste espazo foi realizada conxuntamente con fondos propios do Concello da Guarda e tamén cunha  importante subvención con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí