Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda organiza os Obradoiros Balcóns Verdes enmarcados no ciclo medioambiental sostendo o futuro

Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no mail informacion@aguarda.es

Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no mail informacion@aguarda.es

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Abril de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente, oferta tres obradoiros diferentes baixo o título Balcóns verdes, coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear zonas verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.

 

Os obradoiros terán unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado.

Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.

 

Os tres obradoiros son:

 

  • Plantas aromáticas e flores no balcón.

22, 23, 29 e 30 de abril

- Coñecer a orientación óptima no teu balcón e que flores e plantas aromáticas poderanse cultivar

- Macetas e outros envases para o cultivo así como a importancia da terra apropiada. Onde conseguir a mistura de terra axeitada para o meu cultivo.

- Que é o que quero e podo cultivar no meu balcón. Onde e como adquiro as plantas.

- Usos das herbas e plantas medicinais na cociña e infusións.

- Exemplos para a reprodución e conservación das plantas

 

  • Balcón verde de plantas comestibles

6,7,13 e 14 de maio

- Coñecer a exposición do balcón ao vento e ao sol: cales son as hortalizas que podo cultivar.

-Aprender a aproveitar ao máximo cada espazo para poder cultivar variedades diferentes.    Estruturas diferentes para cada balcón ( palets, estantes,…)

- Combinacións de hortalizas para favorecer un crecementos saudable (plano de cutivo para cada participante)

- Exemplos de combinacións de hortalizas e plantas aromáticas que melloran o crecemento e atraen insectos para garantizar a colleita (importancia polinización)

 

  • A horta vertical con ciclo biolóxico completo

20,21,27 e 28 de maio

- Que é unha horta vertical con ciclo biolóxico completo e que necesidades ten.

- A construción do envase para a horta vertical con compostaxe, adaptada a cada balcón e o seu espazo.

- A terra para cubrir as necesidades das plantas.

- Adquisición semente, reprodución plantas anuais e perennes

- Mellores combinacións de hortalizas, plantas aromáticas, flores etc

 

Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda  no mail informacion@aguarda.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones