Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda para acolle a XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Fin de semana chea de gastronomía e actividades nunha cita imprescindible na Guarda os días 1, 2 e 3 de xullo

Fin de semana chea de gastronomía e actividades nunha cita imprescindible na Guarda os días 1, 2 e 3 de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Sábado día 2: Travesía a Nado
O deporte tamén ten a súa cita na festa gastronómica coa XXI edición da Travesía a Nado Porto da Guarda, que dará comezo ás 12 horas. Na carpa a festa estará ambientada coa a actuación do grupo de pop-rock local 2MIS ás 12:30 horas. Xa pola tarde, despois de degustar as delicias da cociña mariñeira guardesa, o programa da TVG "Aquí Galicia" emitirá en directo dende o Porto da Guarda, nun programa que contará coa participación dos nosos veciños e veciñas da Guarda e con diversas actuacións musicais e entrevistas. Pola noite haberá actuacións de grupos de música tradicional no "serán mariñeiro".


Domingo 3 de xullo: Espectáculos e actuacións para toda a familia
Nesta xornada a música local volverá á carpa antes do xantar con SONGODIN'S, ás 12,30 horas no Porto da Guarda. A tarde está reservada para os nenos, nenas e familias onde desfrutarán do espectáculo musical infantil de "Uxía Lambona e a Banda Molona" ás 19 horas, que fará as delicias dos máis novos. O broche final virá coa "Noite de Fado", que xa é habitual na programación da Festa. Nesta edición a protagonista será a artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño.

Pero isto non é todo, e durante toda a fin de semana todos os que se acheguen á Guarda poderán visitar a recoñecida Feira de Artesanía. Ademais, como ven ocorrendo durante edicións anteriores, o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda. Aqueles que nos visiten poderán coñecer mellor o noso concello coas visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos. A isto hai que engadirlle as diversas iniciativas culturais, entre as que destaca "O muro da arte", que invita a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e a exposición anual ofrecida pola Asociación pola Recuperación do Traxe Galego, na Casa dos Alonsos, que se poderá visitar durante a fin de semana de 19 a 22 horas. Durante as mañás o grupo local "A Boalleira" anunciará as festas a veciños e veciñas e visitantes co pasarrúas.

Un ano máis a Guarda convertese na cita gastronómica de referencia da comarca coa XXVI Festa da Langosta e da cociña mariñeira na que todos poderemos degustar a langosta e a cociña mariñeira e desfrutar dunha fin de semana chea de gastronomía e actividades nunha cita imprescindible na Guarda os días 1, 2 e 3 de xullo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí