Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda participa este xoves na presentación de #MiPlayaSinPlásticos 2020

O obxectivo de #MiPlayaSinPlásticos é promover e aumentar a concienciación medioambiental en torno ao abandono incontrolado de residuos nas nosas praias e paraxes costeiros.

O obxectivo de #MiPlayaSinPlásticos é promover e aumentar a concienciación medioambiental en torno ao abandono incontrolado de residuos nas nosas praias e paraxes costeiros.

Fecha: 04 de Junio de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda participa mañá xoves na presentación do proxecto #MiPlayaSinPlásticos 2020, nun formato webinar virtual no que estarán presentes, Jesús Calleja (embaixador e presentador), Javier Solans (director xeral de P&G En España e Portugal), Rami Baitiéh (CEO de Carrefour en España), Gonzalo Anguita (FSC), María Cabrera (Paisaje Limpio) e coma representante da Guarda, Sara Novegil Molina, técnica de medioambiente municipal.

A Guarda foi preseleccionada este ano polas súas praias, que no caso de "O Muíño" e "Area Grande" lucen dende fai anos o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O obxectivo de #MiPlayaSinPlásticos, que en 2019 rexistrou máis de 300.000 votos, é promover e aumentar a concienciación medioambiental en torno ao abandono incontrolado de residuos nas nosas praias e paraxes costeiros. E neste ano 2020, aínda con maior motivo, por estes tempos derivados da emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, onde somos testemuñas do efecto que o ser humano ten no estado do entorno natural. Por elo, pensando no regreso, debemos seguir traballando para conservar o acadado e seguir contribuíndo a acadar un mundo cada vez máis responsable.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí