Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA PECHARÁ A SÚA PROGRAMACIÓN DE VERÁN CO MELLOR CINEMA E MÚSICA GALEGOS NO CASTELO DE SANTA CRUZ

Coa celebración deste evento quere fraguarse o espíritu de ben público, pensado para o disfrute e o lecer, co que se emprendeu aquela gran obra de rehabilitación patrimonial

De izda á dereita: Alfredo Dourado, Elena Baz, Antonio Lomba e Javier Crespo

Fecha: 12 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O pasado Xoves foi presentado en rolda informativa o gran evento que pechará a programación de verán na Guarda o vindeiro día 12 de setembro e que levará ata o Castelo de Santa Cruz a última gran producción cinematográfica galega: A Esmorga, seguida dun concerto do grupo galego A Roda.

Na rolda estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de cultura, Elena Baz Rodríguez, o concelleiro de patrimonio, Javier Crespo e o compoñente do Grupo A Roda, Alfredo Dourado.

O Castelo de Santa Cruz foi recentemente rehabilitado e aberto para o seu disfrute por toda a cidadanía tras máis de cen anos pechado. Coa celebración deste evento quere fraguarse o espíritu de ben público, pensado para o disfrute e o lecer, co que se emprendeu aquela gran obra de rehabilitación patrimonial

A Esmorga foi sen dúbida a película do ano en Galicia e no resto do Estado. Estreada a finais de 2014, contou cunhas inigualables cifras de taquilla para unha película de produción galega, galardoada con seis premios Mestre Mateo e nominada para os Goya 2015 foi igualmente avalada pola crítica. Unha das secuencias do filme é protagonizada polo tradicional grupo A Roda, no seu particular facer: cantando un tema de taberna. É por elo que a proxección será seguida dun concerto desta mítica formación, para completar así unha verdadeira noite de Esmorga. Máis non serán estes os únicos ingredientes, xa que para completar a velada, foron invitados a presentar o evento o actor Antonio Durán Morris, protagonista da película e o director Ignacio Vilar.

Durante a rolda informativa, os presentes quixeron suliñar á vinculación do pobo guardés coa formación A Roda, que sempre gustou e disfrutou coas diferentes actuacións que aquí se deron. Así mesmo trascendeu o espíritu multidisciplinar deste evento, que baixo a denominación NOITES NO CASTELO pretende aunar diferentes manifestacións culturais (cinema e música, nesta ocasión) co patrimonio histórico.

 

O CONCELLO DA GUARDA, EN CASO DE CHUVIA, COLOCARÁ UNHA CARPA NO CASTELO DE SANTA CRUZ PARA CELEBRAR -NOITES NO CASTELO-

O Concello da Guarda, en caso de chuvia, colocará unha carpa no Castelo de Santa Cruz para poder celebrar o evento "Noites de Castelo".

Este evento consta da proxección do filme galego "A Esmorga", seguido dun concerto do grupo galego "A Roda", que ameniza unha das escenas da película.
Antes da proxección, ás 20,30 horas, o filme será presentado polo actor protagonista do mesmo, Antonio Durán, e o director do mesmo, Ignacio Vilar.

Con este gran evento, o Concello da Guarda, quere poñer o peche este ano a programación do verán desta vila.

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones