Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda pon fin ao ciclo TocaMúsica con rock clásico da man de Wondercovers

O trío vigués Wondercovers actuará o domingo 31 de agosto ás 12:30 horas no parque de Chan de Conde, fronte á igrexa de San Benito, para clausurar o programa cultural TocaMúsica.

O trío vigués Wondercovers actuará o domingo 31 de agosto ás 12:30 horas no parque de Chan de Conde, fronte á igrexa de San Benito, para clausurar o programa cultural TocaMúsica.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O programa cultural TocaMúsica chega á súa fin este mes de agosto coa actuación de Wondercovers, un power trío vigués que traerá á vila un concerto cheo de enerxía e clásicos do rock.

A cita será o domingo 31 de agosto ás 12:30 horas, no parque de Chan de Conde, fronte á igrexa de San Benito, un escenario ao aire libre que acollerá a última proposta deste ciclo musical que se estendeu desde maio polas rúas e prazas da Guarda.

O repertorio de Wondercovers inclúe versións de grandes lendas da música internacional como Pink Floyd, Led Zeppelin, The Beatles, The Doors, ZZ Top, The Rolling Stones, Jimi Hendrix, Lynyrd Skynyrd, The Black Crowes ou Los Rodríguez, entre outros. Un concerto pensado para facer desfrutar a todos os públicos e despedir o verán cun ambiente festivo e cargado de boa música.

O programa TocaMúsica, posto en marcha polo Concello da Guarda, permitiu levar actuacións a distintos recunchos da vila ao longo do verán. Polos escenarios pasaron Mambas Negras en maio, o grupo local Ínsua Band en xuño, e Litus, Novoa e Pirata en xullo.

“TocaMúsica é un programa que nos permite levar a música a diferentes recunchos e rúas da vila, o que sempre dá ledicia e bo ambiente ás nosas rúas e veciñanza”, sinalou o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

Esta iniciativa cultural conta co apoio do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí