Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo Miño

A II Mostra Creativa do Baixo Miño terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas). As inscricións, de balde, continúan abertas ata o 28 de xullo

A II Mostra Creativa do Baixo Miño terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas). As inscricións, de balde, continúan abertas ata o 28 de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos da comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Así, a II Mostra Creativa do Baixo Miño contará este ano con preto dunha vintena de stands participantes e as inscricións, que son de balde, continúan abertas ata o vindeiro día 28 de xullo.

A programación deste ano inclúe actividades de todo tipo que terán lugar na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) en horario de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:30h:

10:30h – Apertura da Mostra Creativa

11:00h – Obradoiro Infantil  Peixe Espada (Asoc. Piueiro)

12:00h – Concerto Terapia de Grupo (Pop-Rock do Baixo Miño)

13:30h – Pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente ata o Porto da Guarda

19:00h – Contos Contados para público infantil (Ma Nunú)

20:30h – Concerto Cazacús (Punk-Rock A Guarda)

21:30h – Pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente ata o Porto da Guarda

22:30h – Peche da Mostra Creativa

Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen…

Este ano a Mostra creativa únese á Festa do Peixe Espada organizada dende ORPAGU (29-31 de xullo), compartindo parte da programación, como son os pasarrúas ou a actividade do Obradoiro Infantil sobre o Peixe Espada.

Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde demostrar o gran talento que hai no Baixo Miño. Por isto, se convida a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición, cubrindo a ficha de inscrición e enviándoa ao correo electrónico info@acontravento.gal.

Ficha de inscrición

Bases

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí