Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA PREPÁRASE UN ANO MÁIS PARA A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

A cita gastronómica terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no porto da Guarda. A langosta continúa a ser a protagonista indiscutible aínda que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros dende varias edicións.

Fecha: 30 de Junio de 2012

Fuente: www.aguarda.es

A cita gastronómica terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no porto da Guarda. A langosta continúa a ser a protagonista indiscutible aínda que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros dende varias edicións. Grazas ó aumento da oferta gastronómica, con novos produtos do mar e típicas sobremesas, conséguese achegar a festa a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.

A festa celébrase na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Dende hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan stands diferenciados na carpa.

Cinco restaurantes ofrecerán a langosta cocida, á prancha ou en salpicón que mostra que a langosta segue a ser a protagonista entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, os bastóns do peregrino, etc.

O pasado ano decidiuse adiantar a noitiña do venres a lectura do pregón e así convidar a todos os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas que nos visitan nestes días de vacacións, o que resultou un éxito de participación. Nesta edición, novamente a lectura do pregón terá lugar na Prazo do Reló e como novidade a atención trasladarase o porto da Guarda trala lectura ca apertura da carpa onde destaca unha interesante actuación.

A cita gastronómica terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no porto da Guarda. A langosta continúa a ser a protagonista indiscutible aínda que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros dende varias edicións.

Esta edición volverase a  procurase sorprender novamente polo que a lectura do pregón terá como protagonista a MANUEL MANQUIÑA, recoñecido e querido actor galego. Aqueles interesados en degustar a gastronomía guardesa xunto a Manuel Manquiña terán a oportunidade xa que actuará na carpa cun monólogo especial para a XXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Cada edición mudan as actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Polas mañás un grupo de gaitas recorrerá as principais rúas da vila e do porto e na noite do sábado destaca o serán de música tradicional galega e o domingo a noitiña o festival de baile moderno. Os nenos contarán con novas actividades: para o sábado o obradoiro de circo e para o domingo un espectáculo de animación infantil onde os nenos, e non tan nenos, poderán bailar e enredar ó son da música. A festa contará novamente ca Feira de Artesanía na rúa do Porto e no entorno do porto instalarase a feira de oportunidades organizada por ABACO.

A Cooperativa Percebe A Guarda ofrecerá visitas guiadas ós interesados en coñecer a historia da langosta na Guarda grazas a Ruta das Cetareas e, como non, a pesca e marisqueo do mar da Guarda da man dos protagonistas, os percebeiros que se xogan diariamente a vida na costa guardesa que tan ben coñecen.


A Guarda, Concello de Interese Turístico
A Guarda, Destino EDEN

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones