Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda presenta este martes o Plan Rehabita á súa veciñanza

A cita terá lugar o martes 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso

A cita terá lugar o martes 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda leva meses traballando na posta en marcha dun programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda para alugueiro na vila, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios. Algo que, en liña co PACES (Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible), ao que está adherido o Concello da Guarda, influirá tamén na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera.

É por elo que se puxo en marcha o “Plan Rehabita”, un programa integral de asesoramento para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas que se atopan na Guarda, co fin de devolver ao mercado moitos inmobles que se atopan parados ou desactualizados na actualidade e promover así o seu alugueiro, reforma, venda, actualización, etc.

 

Despois de meses de traballo, nos que se realizaron diversas mesas de traballos con empresarios/as de diversos sectores profesionais para explicar o funcionamento do Plan Rehabita, desta volta é a quenda de presentar esta iniciativa á veciñanza guardesa.

 

A presentación do Plan Rehabita será este martes día 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso, onde toda aquela persoa que desexe ampliar información sobre esta iniciativa poderá recibir información e despexar todas as súas dúbidas para poder optar a todas as axudas existentes que permitirán rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí