Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda promocionarase como destino turístico na caseta da Casa de Galicia en Sevilla

O municipio mariñeiro participa por vez primeira na Feira de Abril como representante turístico galego, poñendo en valor o seu patrimonio e proxección cultural ante miles de asistentes.

O municipio mariñeiro participa por vez primeira na Feira de Abril como representante turístico galego, poñendo en valor o seu patrimonio e proxección cultural ante miles de asistentes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Mayo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello da Guarda será este ano o municipio galego convidado na caseta da Casa de Galicia en Sevilla, tamén coñecida como o Lar Gallego, no marco da prestixiosa Feira de Abril. Esta invitación representa un importante recoñecemento ao potencial turístico, patrimonial e cultural da vila, converténdoa no primeiro concello da provincia de Pontevedra en participar nesta iniciativa de visibilización da identidade galega no sur de España.

A participación, promovida pola Casa de Galicia e coa intermediación da guardesa Marta Pou Álvarez, permitirá ao municipio dar a coñecer a súa oferta turística nun escaparate con proxección nacional e internacional. O alcalde, Roberto Carrero, agradeceu publicamente esta oportunidade: “Pensar na Guarda para este gran evento supón unha oportunidade única, e, en gran parte, será posible grazas a Marta”.

A promoción turística da vila levarase a cabo mediante unha campaña coidada, mantendo a liña gráfica e estratéxica da recente presenza do concello en FITUR. A caseta contará cunha ambientación visual con fotografías en gran e pequeno formato que destacarán os principais atractivos da Guarda: a súa natureza, patrimonio, gastronomía e riqueza cultural.

Ademais do recoñecido Castro de Santa Trega, o Concello aproveitará esta oportunidade para divulgar eventos como o Mar de Blues, Galifornia Beat, o Color Rain Festival, así como as actividades deportivas, a vida no porto, as praias, o Museo do Mar, a fortaleza de Santa Cruz e as históricas cetáreas.

O alcalde, Roberto Carrero, viaxará a Sevilla para participar nos actos oficiais e representar ao municipio na inauguración da feira o luns 5 de maio, coincidindo coa tradicional “Cena del Pescaíto”. “É un orgullo inmenso representar á nosa terra nun evento internacional como a Feira de Abril de Sevilla. A Guarda é hoxe un destino turístico en crecemento, cunha identidade propia, patrimonio único e un pobo acolledor. Esta invitación é tamén un recoñecemento ao traballo feito polo departamento de Turismo nos últimos anos”, sinalou.

A presenza da Guarda nesta feira é unha nova mostra do compromiso do goberno local por reforzar a proxección exterior da vila e por posicionar o municipio nos principais eventos turísticos do Estado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí