Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda promocionase ante axencias de viaxes especializadas no Forum do Camiño

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda participou por terceira vez nas xornadas profesionais do Fairway, o IV Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o luns e martes pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

 

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais como Viajes Camino de Santiago, Camino Ways, The Real Thing, Galicia Incoming, Marly Camino, Fresco Tours,....

 

Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello sobre as novas necesidades teñen os peregrinos trala pandemia. Ademais de coñecer cales son as novas tendencias e peticións dos peregrinos ante a nova situación.

 

Os contactos mantidos coas axencias e tour operadores confirmaron que estas empresas xa coñecen A Guarda como destino co seu referente o Monte Santa Trega e que gran parte xa inclúen dentro dos seus servizos e produtos o noso concello.

 

Nestas reunións ampliouse a información da vila referente a cultura mariñeira, a gastronomía e o seu patrimonio. E reforzando que A Guarda é o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.

 

Ademais destes encontros profesionais, a programación da Fairway permitiu valorar a situación trala pandemia e os retos aos que se presentan os Camiños de Santiago, institucións, sectores económicos (aloxamentos, axencias,…) e os propios peregrinos.

 

O Camiño Portugués da Costa estivo presente no stand de Turismo Rías Baixas co seu stand. Ademais a organización do Fairway convidou o venres 5 de novembro as  axencias a un fam trip no que visitaron o Monte Santa Trega como lugar destacado no Camiño Portugués da Costa e, así trasladaron nas reunións mantidas, que o monte ten unha beleza espectacular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí