Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda promove o consumo local

Unha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da nosa vila.

Unha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da nosa vila.

Fecha: 08 de Julio de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Fátima Rodríguez, ven de lanzar unha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da nosa vila.

 

A través dunhas infografías, que se publican nas redes sociais do Concello(Facebook, Instagram e Twitter), se pretende por de manifesto que o consumo local favorece a toda a poboación e trátase dun círculo de suma importancia no que cada un de nos ten un papel fundamental, destacando ademais as vantaxes de consumir en local, como o trato personalizado, produto fresco e diferenciado...

 

As infografías, realizadas por unha ilustradora local, están ambientadas en diferentes espazos da vila da Guarda, tentando captar a atención dos guardeses e guardesas para que realicen as súas compras no comercio e na hostalaría local.

 

A campaña de promoción do comercio local emprega ademais varios hashtags como: #ComercioLocal #NonRompasOCirculo #MercaNaGuarda e #EuConsumoLocal e terá una continuidade no tempo empregando diferentes canles de comunicación.

Incentivar as vendas tamén na rede

Dende o Concello da Guarda se puxo en marcha a inicios de xuño o Marketplace www.mercanaguarda.com unha iniciativa que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal. 

Arestora se conta xa cunha quincena de empresas adheridas e máis de 80 produtos dispoñibles para mercar de sectores tan diversos como a artesanía, manualidades, xoiería, servizos, marketing, idiomas, viaxes, agasallos, xoguetes, alimentación, entre outros.

 

Realizáronse xa 3 xornadas formativas nas que participaron preto dunha trintena de empresarios e ao longo do ano, a medida que se adhiran novas empresas, continuarase formando ao empresariado para que teña a oportunidade de empregar esta canle de venda online exclusiva para as empresas da vila, creada para favorecer a reactivación económica da localidade.

 

Esta plataforma está deseñada para que tanto compradores como vendedores podan manexala con facilidade e os vendedores terán que abonar unha única cota inicial de 20€ no momento da formalización da alta e que lles dará acceso ao uso da plataforma durante o primeiro ano, e de 30€/ano durante os posteriores.

 

As empresas que desexen adherir os seus negocios á plataforma deberán facelo directamente premendo na pestana "Vendedores" do menú e a continuación "Rexístrate aquí" ou a través do icono de "Mi cuenta". Unha vez recollidos uns primeiros datos recibirán no seu correo electrónico a información para continuar co proceso de alta e no que se convocará a unha sesión de formación inicial para o uso da plataforma.

 

Calquera dúbida poderá ser enviada a través do mail mercanaguarda@gmail.com

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones