Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda realizará melloras na rede de abastecemento municipal de auga

O concello da Guarda realizará un investimento de 50.000 ? destinado á modernización e mellora da rede de abastecemento municipal.

O concello da Guarda realizará un investimento de 50.000 ? destinado á modernización e mellora da rede de abastecemento municipal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Junio de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O concello da Guarda, seguindo a liña de traballo de mellora dos servizos municipais, realizará un investimento de 50.000 € destinado á modernización e mellora da rede deabastecemento municipal. Para esta actuación o concello fará unha contribución de 4.000 € e a Xunta de Galicia, a través dun fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, fará unha achega de 46.000 €.

Tal e como recomenda o Plan de Seca do concello da Guarda, aprobado o pasado ano, é necesario traballar en distintos frontes para garantir o subministro de auga en situacións climáticas cada vez máis adversas motivadas polo cambio climático. Así, por exemplo, no verán do ano 2022 o concello conectaba o novo pozo dos Casás, cun caudal aproximado de 300 m³ diarios, ao depósito regulador do Torroso. Este pozo axudou a levar mellor a situación de seca do verán do 2022. 

No mesmo ano 2022 o concello encargaba unha -Auditoría Municipal de Abastecemento encamiñada a elaboración de Plans de Actuacións para Minimizar as Perdas de Auga-. Un documento xa recomendado no Plan de Seca por ser o control das as perdas de auga un dos factores que máis influe na optimización do subministro e por tanto no aproveitamento da auga.

A Auditoría Municipal do Abastecemento propón un cronograma de actuacións a catro anos para mellorar a rede de subministro de alta presión do concello da Guarda. Coa actuación proposta nesta primeira fase darase inicio ao -Plan de Actuación para Minimizar as Perdas de Auga do Concello da Guarda- que deberá ter continuidade no futuro e que nos permitirá ser máis independentes do subministro de auga de Tui e ter un aforro importante tanto de auga como en reparacións de fugas na rede.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí