Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda recibirá unha subvención de máis de 318.000 euros da UE para modernizar o mercado municipal grazas á xestión do equipo de Antonio Lomba

Esta cantidade provén dunha subvención que foi solicitada polo antigo equipo de goberno en abril de 2023 e con ela poderá asumirse a reforma estética da praza de abastos e outras melloras para o mercado municipal e o comercio local.

Esta cantidade provén dunha subvención que foi solicitada polo antigo equipo de goberno en abril de 2023 e con ela poderá asumirse a reforma estética da praza de abastos e outras melloras para o mercado municipal e o comercio local.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

O equipo de goberno socialista levaba anos apostando polo comercio local e introducindo melloras de habitabilidade, accesibilidade, etc na praza de abastos. Un mercado que o Partido Popular e o seu socio de goberno, Celso Fariñas, deixaran en estado de abandono durante o seu último mandato.

A última acción neste sentido que levou a cabo o equipo de goberno socialista foi a solicitude dunha subvención de Fondos Europeos ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo por un importe de 318.458,40€, da que se recibiu resolución positiva estes días.

Fai un par de meses o equipo de goberno reservara fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para afrontar a reforma estética do mercado que estaba planificada para despois do verán, pero grazas a esta subvención poderán destinarse eses fondos de Deputación a outras obras na Guarda, e financiar a reforma do mercado e outra serie de medidas que se inclúen neste proxecto e entre as que se atopan:

- Instalación de taquillas refrixeradas intelixentes para que a clientela poda mercar e recoller pedidos fóra do horario de apertura do mercado.

- Posta en marcha da “Cociña do mercado”, un espazo no primeiro andar no que se realicen obradoiros, charlas, showcooking e outros eventos nos que poñer en valor os produtos do mercado.  

- Publicidade e comunicación sobre o mercado en diferentes medios ou soportes dixitais.  

- Entrega de envases reutilizables á clientela para reducir o uso de plástico.

- Creación dunha “Escola de comercio” para q tanto os/as placeiros/as coma outros comerciantes podan recibir formación útil para os seus negocios.

- Ferramentas dixitais para coñecer hábitos de consumo e captar máis clientela.

- Etc.

O grupo municipal socialista móstrase profundamente orgulloso deste logro e espera que o actual equipo de goberno consiga poñer en marcha todas as accións deste proxecto de dinamización, e a praza de abastos poda ser aquilo que o goberno socialista soñaba.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí