Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda redacta a rehabilitación de Malteses poñendo en valor a historia da rúa

Entre as actuacións que se propoñen contemplase a renovación do pavimento, recollida das augas pluviais, mellora da iluminación, sinalización, mobiliario urbano adaptado e a renovación dos demais servizos.

Entre as actuacións que se propoñen contemplase a renovación do pavimento, recollida das augas pluviais, mellora da iluminación, sinalización, mobiliario urbano adaptado e a renovación dos demais servizos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Mayo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

  • Entre as actuacións que se propoñen contemplase a renovación do pavimento, recollida das augas pluviais, mellora da iluminación, sinalización, mobiliario urbano adaptado e a renovación dos demais servizos.
  • A intervención manterá o máximo respecto á memoria da rúa. Sobre as pedras levará talladas marcas mariñeiras e indicacións a lugares senlleiros da localidade.

 

O concello da Guarda recibiu da Deputación unha subvención “Agora” de recuperación de espazos públicos para a redacción do proxecto “humanización da rúa Malteses, mellora da accesibilidade e da seguridade viaria” 

A redacción do proxecto de Malteses orzamentada en 18.113 € está financiada nun 90% pola Deputación de Pontevedra; que tamén subvenciona, dentro do mesmo programa, o proxecto de “mellora na seguridade infantil no entorno do CEIP As Solanas.

O proxecto de humanización da rúa Malteses abarca unha superficie de 1300 m2, dende o nº 2 no cangrexal, ata o nº 94 no aparcadoiro de Reguiño incluíndo todos os transversais, completos cara ao mar e parciais cara a zona alta.

Esta humanización ten encaixe no plan municipal de renovación e modernización do parque de vivendas, “plan REHABITA”, xa que pretende a mellora e rehabilitación do espazo público en consonancia coa rehabilitación que os particulares están realizando nas súas casas. Así, dende o concello, motivarase aos propietarios para que actúen sobre os seus inmobles e conseguir unha actuación integral sobre o espazo urbano.

Os principais obxectivos da actuación, dende o punto de vista funcional son: eliminar o acceso rodado, agás a residentes e vehículos autorizados; garantir, na medida do posible, as condicións de accesibilidade universal e mellorar cruces, varandas e interseccións. Ademais xéranse espazos de encontro e consolídase unha imaxe de conxunto.

Entre as actuacións que se propoñen contemplase a renovación do pavimento, recollida das augas pluviais, mellora da iluminación, sinalización, mobiliario urbano adaptado e a renovación dos demais servizos.

A intervención manterá o máximo respecto á memoria da rúa. Sobre as pedras levará talladas marcas mariñeiras e indicacións a lugares senlleiros da localidade. O pavimento será coma unha alfombra que relata a historia da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí