Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda sitúa ao rural como eixo de futuro e emprendemento coa Feira de Emprego e Formación -Imaxinando Rural-

Durante esta feira demostrouse unha realidade: vivir e traballar no rural é posible, e así nolo amosaron as diferentes entidades e empresas que participaron a través do relato das súas experiencias.

Durante esta feira demostrouse unha realidade: vivir e traballar no rural é posible, e así nolo amosaron as diferentes entidades e empresas que participaron a través do relato das súas experiencias.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda puxo este venres o broche final á IV edición da Feira de Emprego que este ano levou por nome “Imaxinando Rural”. Un evento con dúas xornadas no que participou alumnado do IES A Sangriña da Guarda, do Obradoiro de Emprego, do Centro Especial de Emprego de San Xerome e demais convidados e asistentes.

 

Nesta edición púxose de manifesto todo o potencial que gardan as zonas rurais, especialmente A Guarda, non só para desenvolver proxectos de vida senón tamén porque son espazos nos que é posible poñer en marcha actividades profesionais exitosas.

 

No evento contouse coa participación de diversos entes como o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, ou o Grupo de Desenvolvemento Rural Baixo Miño que afondaron nas opcións laborais que ofrece tanto o sector do mar coma o sector agrícola. 

 

Tamén visitou A Guarda Anceu Coliving, que ofrece en Ponte Caldelas unha experiencia de convivencia e coworking nunha granxa restaurada, na que resulta posible vivir de maneira sostible e traballar de forma remota.

 

Contouse ademais coa empresa guardesa Skeirrum, que presentou o seu proxecto e que preparou unha interesante actividade de street scape polas rúas da Guarda na que o eixo principal foi o emprendemento.

 

Durante o evento tamén houbo espazo para a presentación dos resultados dun estudo sobre mocidade guardesa e perspectivas laborais que se levou a cabo este ano a iniciativa do Concello pola consultora Inthemove, e por último, participaron nunha mesa redonda varios/as representantes de 6 empresas asentadas na vila, un centro especial de emprego e unha asociación que desenvolve proxectos europeos con mocidade aquí na Guarda.

 

Desde o Concello queremos agradecer a todas as persoas convidadas, asistentes e especialmente queremos recoñecer as aportacións das persoas que participaron desta mesa redonda e que representaron a Librería Atlántica, Acontravento, Academia Lili, XerEmprega, Lacena, Academia Your English Corner, Asociación Foco e Maderas Lomba, que deixaron moi motivado ao público asistente e transmitiron a idea das inmensas posibilidades que ten o noso pobo para emprender.

A actividade estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí