Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda subscribe o protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para a protección de vítimas de violencia de xénero

O municipio de A Guarda convértese así no décimo quinto da provincia en formar parte do Programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero VioGén

O municipio de A Guarda convértese así no décimo quinto da provincia en formar parte do Programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero VioGén

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Mayo de 2022

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de A Guarda na que se subscribiu o protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero. Este protocolo de colaboración é necesario para formalizar a adhesión do municipio ao Sistema VioGén. O documento foi asinado polo alcalde da localidade, Antonio Lomba, e polo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal. Estiveron tamén presentes no acto o concelleiro de servizos á cidadanía, Miguel Ángel Español, e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, así como mandos locais da Garda Civil e responsables da Policía Local. Con esta adhesión, A Guarda convértese no décimo quinto municipio da provincia en formar parte deste programa de protección de vítimas de violencia de xénero do Ministerio do Interior.

 

Maica Larriba aproveitou a Xunta Local de Seguridade para felicitar ao alcalde e a todo o equipo de goberno por “materializar o seu compromiso coa erradicación da violencia machista e coa protección das vítimas asinando este protocolo, sumándose así aos restantes concellos da provincia que xa forman deste sistema”. “As administracións debemos traballar de maneira coordinada e conxunta para frear unha das eivas máis importantes da nosa sociedade, a violencia contra as mulleres, e para iso é fundamental seguir garantindo recursos e esforzos. Porque fronte a violencia non cabe tolerancia, nin xustificación, nin banalización”, sinalou a subdelegada. O alcalde, Antonio Lomba, subliñou a “necesidade de combater esta lacra social” e lamentou que “este tipo de acordos continúen a ser necesarios”.

 

A firma do protocolo que hoxe tivo lugar é o primeiro trámite que deben formalizar todos aqueles municipios que desexen integrarse no Sistema VioGén. O protocolo recolle o reparto de funcións e asignacións de vítimas entre as Forzas e Corpos de Seguridade. Larriba destacou a importancia deste documento, que permite que “os corpos locais e estatais poidan compartir información e recursos e establecer uns criterios básicos de colaboración e coordinación, de xeito que se garanta o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero”. En particular, o protocolo delimita as funcións da Policía Local no ámbito da violencia de xénero e define o seguimento e reparto dos casos, o que permite sumar máis efectivos e recursos á protección das vítimas.

 

Doutra banda, Larriba fixo fincapé no “firme compromiso do Goberno de España coa erradicación de calquera forma de violencia machista”. Neste sentido, a subdelegada lembrou que desde 2018, “este Goberno destinou máis de 60 millóns de euros á loita contra a violencia de xénero en Galicia”. Dos fondos do Pacto de Estado para a loita contra a violencia machista A Guarda recibiu 13.905,68€ en 2021. “Un exemplo –explicou- do compromiso por apoiar aos Concellos nesa labor de acompañamento ás vítimas que realizan co obxectivo de que estas saiban que non están soas”. Así mesmo, a subdelegada quixo lembrar tamén “o fundamental rol que desenvolve a Garda Civil na protección e asistencia a todas as mulleres vítimas de malos tratos neste concello e en toda a provincia”.

 

A subdelegada informou que na actualidade e segundo os datos recollidos no Sistema VioGén, na Guarda, contabilízanse a día de hoxe 13 casos activos de violencia de xénero. Esta cifra supón case o 1 % dos casos activos na provincia de Pontevedra, onde se contabilizan 1.316 casos, con 1.287 vítimas.

 

Para completar a súa adhesión ao Sistema VioGén, o Concello deberá asinar agora o convenio co Ministerio do Interior para o acceso ao Sistema de Seguimento Integral en casos de violencia de xénero.

 

O Sistema VioGén
O Sistema VioGén ten como finalidade establecer unha rede nacional que permita o  seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres vítimas de malos tratos, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio español, así como de aglutinar ás institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar a información dos diferentes casos. O Sistema tamén realiza predicións do risco de calquera vítima e, en función dese nivel, efectúa un seguimento e protección. VioGén desenvolve ademais un labor preventivo con avisos, alertas e alarmas cando se detecta algunha incidencia ou acontecemento que pode poñer en risco a integridade da vítima.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí