Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda vive as Letras Galegas 2020 dun xeito diferente

Dende mediados da semana pasada foron moitos os que quixeron plasmar as súas letras na proposta -Tendal de Poemas-

Dende mediados da semana pasada foron moitos os que quixeron plasmar as súas letras na proposta -Tendal de Poemas-

Fecha: 19 de Mayo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O pasado domingo día 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas 2020 e para celebralo nesta ocasión, a Concellería de Cultura, propuxo unha iniciativa na que moitos veciños foron convidados a participar compartindo e divulgando os versos e poemas escritos na nosa lingua.

Dende mediados da semana pasada foron moitos os que quixeron plasmar as súas letras na proposta "Tendal de Poemas" emprazando especialmente ás familias con nenos, a que escollesen un poema en lingua galega e o escribiran sobre un lenzo de tea, acompañando dunha bonita decoración ó gusto. Entre o material atopamos prendas de roupa vella (camisetas) ou anacos de tea (saba, mantel...) ó que se lle deu forma de prenda de roupa.

Os traballos están colocados polos participantes no tendal sito na contorna do Auditorio de San Benito, se aínda non participaches aínda é posible ata mediados desta semana, os traballos permanecerán ata final de mes, se a climatoloxía o permite.

Tamén se quixo conmemorar este ano as Letras Galegas con dous vídeos, por unha banda da Agrupación Cultural Guardesa e, pola outra, por parte do Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Sangriña.

No caso do vídeo da Agrupación Cultural Guardesa, contouse coa participación de Julia Sobrino e Chuny Vázquez, que recitaron poemas do homenaxeado nesta edición, Ricardo Carvalho Calero.

O vídeo do IES A Sangriña leva por título "Conversa na rede - Ricardo Carvalho Calero" e trátase dunha conversa virtual entre alumnas e alumnos do IES A Sangriña (A Guarda) e profesoras, escritores e representantes de asociacións do ámbito da lingua e da cultura galegas.

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones