Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A GUÍA TURÍSTICA DA MANCOMUNIDADE XA É UNHA REALIDADE

A promoción turística conxunta dos concellos do Baixo Miño é unha necesidade que finalmente comeza a dar os primeiros pasos.

Fecha: 03 de Mayo de 2011

Fuente: www.aguarda.es

Fai clic na imaxe para descargar a guía
GUIA MANCOMUNIDADE BAIXO MIÑO
 
A promoción turística conxunta dos concellos do Baixo Miño é unha necesidade que finalmente comeza a dar os primeiros pasos. Os concellos, coñecedores dos valores culturais e naturais que nos diferencian doutras comarcas, comezaron a traballar conxuntamente na promoción conxunta para acadar a fidelización dos visitantes e turistas que nos visitan durante o ano.

Os concellos da comarca do Baixo Miño estiveron traballando nos últimos meses na elaboración dun folleto que reunise os contidos turísticos de cada un deles. Esta guía da mancomunidade é o primeiro folleto turístico que edita a Mancomunidade do Baixo Miño e pode considerarse como unha das primeiras publicacións a nivel comarcal.

Na elaboración dos contidos da guía traballaron concelleiros e técnicos de tódolos concellos para que o resultado da guía fose satisfactorio para todos. A guía turística foi publicada baixo o lema "O Baixo Miño - Unha comarca para os cinco sentidos" e conta con 36 páxinas de interior a todo cor.

En canto os contidos deuse un especial tratamento os elementos de interese que nos unen como comarca. Estes elementos foron descritos en apartados temáticos e falan do espacio natural, camiños a Santiago, arquitectura indiana, fortalezas e arqueoloxía. Tamén se destacou a gastronomía, a ruta do viño Rías Baixas , as festas e, por suposto, os recursos de maior interese de cada concello.

A finalidade da guía turística é facilitar ó visitante a información turística do Baixo Miño nun mesmo formato e onde as fotografías son as protagonistas. Foron editadas 25.000 unidades en castelán, galego, portugués e inglés.

Dende o mércores de Semana Santa tódolos concellos contan ca guía para difundir os encantos do Baixo Miño xa sexa nas oficinas de turismo ou ben asistindo as feiras de turismo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí