Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A hostalaría rosaleira súmase ao novo modelo de xestión dos biorresiduos

O Concello repartiu colectores marróns entre bares, cafeterías e restaurantes para dar saída aos restos orgánicos dos grandes xeradores

O Concello repartiu colectores marróns entre bares, cafeterías e restaurantes para dar saída aos restos orgánicos dos grandes xeradores

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa dando pasos na súa estratexia para potenciar un novo modelo de xestión dos biorresiduos no municipio contando tamén coa participación dos grandes xeradores. Neste camiño, e tras un proceso de visita e información a diferentes establecementos hostaleiros, o Concello repartiu nas últimas semanas de colectores de biorresiduos, bolsas e fundas a bares, cafeterías e restaurantes da localidade.

A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, quere “agradecer a implicación e a boa resposta e acollida de todos estes establecementos, xa que que se involucren con este novo modelo de xestión dos biorresiduos permítenos dar un gran paso para facer do Rosal un concello máis sostible e respectuoso co medio ambiente”.

O Concello do Rosal obtivo unha subvención de máis de 7.000 euros para a implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Estas axudas á adquisición de colectores marróns e bolsas e fundas compostables para a recollida separada da materia orgánica están cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU. Con esta axuda, o Concello adquiriu colectores de biorresiduos con peche, bolsas compostables de 40 litros e fundas compostables de 120 litros por un valor de case 9.500 euros, dos que case 2.500 foron financiados con fondos propios.

O obxectivo deste proxecto é dar saída aos restos orgánicos dos grandes xeradores do concello do Rosal. Deste xeito, xa que o gran volume de residuos diarios xerados nos establecementos do sector HORECA dificulta o seu tratamento pola vía da compostaxe in situ, o Goberno municipal optou por facilitar e animar ao emprego do colector marrón. Estes colectores son de uso exclusivo e individualizado para o sector, contando todos eles con peche por chave. Establecerase un sistema de recollida porta a porta a través destes contedores de uso individualizado para cada establecemento, no que cada colector estará identificado cun número e co nome do local ao que pertence. Unha vez cheo, o persoal do local deberá sacalo ao exterior das instalacións e deixalos nun punto acordado co Concello para realizar o baleirado por parte do servizo municipal de recollida de lixo.

Mentres estean na rúa os colectores deberán estar pechados con chave para evitar que calquera outra persoa poida depositar dentro deles restos inapropiados. Ademais, cando os colectores estean nas instalación do establecemento ao que pertencen poderán permanecer abertos ou pechados, segundo o que sexa máis práctico para as persoas usuarias.

Este novo sistema permitirá ao Concello do Rosal deixar de incinerar anualmente arredor dunhas 65 toneladas de biorresiduos para destinalas a plantas de compostaxe, reducindo así os gases de efecto invernadoiro emitidos a atmosfera. Se algún establecemento aínda non conta co seu colector marrón ou ten algunha dúbida sobre o seu uso pode poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello a través do enderezo electrónico medioambiente@orosal.gal ou chamando ao 986 62 50 00.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí