Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Igrexa de Santo Domingo de Tui acolle este sábado o I Encontro de Coros da Eurocidade Tui-Valença

Sábado 1 de outubro, ás 21h30 na Igrexa de Santo Domingo de Tui

Sábado 1 de outubro, ás 21h30 na Igrexa de Santo Domingo de Tui

Fecha: 01 de Octubre de 2016

Fuente: Camara Municipal de Valença do

Tui e Valença seguen a tender pontes entre as dúas cidades. Este sábado farao coa celebración do I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar ás 21.30h na igrexa de San Domingos en Tui. Participarán cinco agrupacións corais as tudenses San Telmo, Ponte das Febres de Ribadelouro, e a do Centro Sociocomunitario e as valencianas de Verdoejo e San Teotonio.

A presentación deste evento musical correu a cargo do concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, dos responsables de Cultura en Tui, María José González, e en Valença, José Monte, así coma dun representante de cada unha das agrupacións corais participantes.

O concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, explicou que o obxectivo deste encontro é seguir profundando na Eurocidade en distintos ámbitos, neste caso no musical. Mentres a concelleira de Cultura, María José González, destacou a importancia deste evento que une os dous lados do río nun proxecto cultural que pon en valor a nosa cultura. O vereador de Valença, José Monte, salientou o espazo único no que se vai celebrar, en referencia á igrexa de San Domingos, que reúne unha condicións excelentes para este espectáculo a cargo das cinco corais da Eurocidade. Todos os presentes coincidiron en sinalar o seu desexo de que este evento teña continuidade no tempo. Os representantes das corais Cándida Cabaleiro do Centro Sociocomunitario, José Lorenzo da Ponte das Febres, Teresa Prieto da San Telmo, Sergio Vilarinho da de Verdoejo, e José Gonçalves da de San Teotonio, amosaron a súa satisfacción pola frutificación deste proxecto ao tempo que avanzaron que traballan xa na creación dunha Coral da Eurocidade.

A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui será a responsable a de abril o Encontro baixo a dirección de Moises Lorenzo Alonso para interpretar "No tardes Tom", (Espiritual negro) de Stephen Collins Foster, "Ciquitita" de Benny Andersson-Bior Ulvaes e "La Perla" con arranxos de Angel Viro. A continuación actuará o Coro Polifónico de Verdoejo, dirixido por Miguel Ângelo Esteves Serra que ofrecerá "Coimbra" de Raul Ferrão e José Galhardo, "Vejam Bem" de Zeca Afonso e "Chiquitita" de Benny Andersson & Gijorn Ulvaeus. A terceira en actuar será a Coral Polifónica Ponte das Febres que dirixida por Rafael Perez Dopeso interpretará "Adiós ríos, adiós fontes", "Angelitos negros" de Antonio Machín e "Meu amor é mariñeiro" de Fuxan os Ventos. Na recta final deste encontro Ivone da Conceição Paias Ribeiro dirixirá a Coral Polifónica de San Teotonio que ofrecerá "Balada de Outono" de Zeca Afonso, "Canção da Vindima" de Beira Baixa e "Maria da Conceição" de Beira Baixa. Por último a Coral San Telmo de Tui interpretando "Foliada de Compostela", "La capitana" de Carlos Rubiera Tuya e "Fisterra" dirixidos por Celso Diego Martínez. Para pechar I Encontro de Corais da Eurocidade os máis de 165 coralistas interpretarán conxuntamente "O voso galo comadre".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones