Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A III Mostra de Cinema de O Rosal acolle dúas curtametraxes de temática social producidas pola Asociación Raiceiras - Acción Rural

Participa con dúas interesantes curtametraxes/documentais que abordan temas de relevancia social e promoven a reflexión.

Participa con dúas interesantes curtametraxes/documentais que abordan temas de relevancia social e promoven a reflexión.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2023

Fuente: Raiceiras

A Asociación Raiceiras - Acción Rural participará na "III Mostra de Cinema de O Rosal" con dúas interesantes curtametraxes/documentais que abordan temas de relevancia social e promoven a reflexión. Entre os filmes atópanse "Armarios Rurais" e "Migración Galicia", que serán proxectados o xoves 27 e o sábado 29 de xullo, respectivamente. O evento terá lugar nos xardíns da Abadía de Eiras, ofrecendo unha experiencia cinematográfica ao aire libre baixo as estrelas.

"Armarios Rurais" é unha curtametraxe valente que cuestiona a experiencia de ser unha persoa LGBT+ en entornos rurais, explorando a seguridade do colectivo e a necesidade de fuxir a lugares máis impersoais para vivir en liberdade. A través da historia íntima de Mercedes e do seu fillo Uxo, esta obra cinematográfica pedagóxica e crítica desvela incógnitas e emocións sinceras.

Por outra banda, "Migración Galicia" ofrece unha visión fascinante do Baixo Miño como lugar de acollida para persoas de diferentes partes do mundo. A través das historias e percepcións destas persoas migrantes, o documental convídanos a ser mellores veciñas e amigas, proporcionando as coordenadas necesarias para acoller a aqueles que deixan atrás o seu fogar e construír unha comunidade máis solidaria.

A III Mostra de Cinema de O Rosal terá lugar dende o xoves 27 ata o sábado 29 de xullo, ofrecendo numerosas curtametraxes. Os espectadores poderán gozar destas proxeccións nocturnas de forma gratuita nos idílicos xardíns da Abadía de Eiras, en horario dende as 21.00 horas. A atmosfera ao aire libre e baixo o manto estrelado creará un entorno máxico para explorar o poder do cinema como ferramenta para crear espazos comunitarios e de lecer alternativo.

Programación da Mostra:

  • Xoves 27: "Armarios rurais", "Bombón helado", "Cementerio de coches", "Cold storage", "Coleccionismo", "Doméstica", "El fin (The end)", "Era yo", "La concejala", "Links (We are all connected)", "Reinas", "Sacando pecho"
  • Venres 28: "¿Lo tienes?", "Cristiano", "Cuatro treinta", "A falta de pan", "Love story", "La posesa", "Nido", "Por si mañana", "Te apuesto un beso", "Yogur", "Quién"
  • Sábado 29: "Migración Galicia", "Canibalismo", "El crédito", "La jeunesse d'Alicia", "Mesa para tres", "Miña nena", "La tardor de la història", "No lo quieres", "Prostituta de cabaret olvidada"

Máis información sobre os filmes na web http://mostracinemarosal.org

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí