Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A iniciativa do BNG celebrase pleno extraordinario para desbloquear a tramitación do acceso sur ao porto da Guarda

O BNG considera imprescindíbel e urxente dar os pasos precisos para desbloquear esta situación

O BNG considera imprescindíbel e urxente dar os pasos precisos para desbloquear esta situación

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Julio de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O próximo xoves día 15 as 8:30 da mañá o Concello da Guarda celebrará un pleno extraordinario convocado por petición do grupo municipal do  BNG para impulsar a tramitación do acceso sur ao Porto da Guarda.

 

Diante do informe negativo emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio do trazado escollido polo Grupo de Goberno do Concello da Guarda,  información  que por certo  se lle ocultou ao resto dos grupos municipais e  a  opinión pública guardesa, a pesar de ter data de entrada  do mes de marzo; o BNG considera imprescindíbel e urxente dar os pasos precisos para desbloquear esta situación.

 

A proposta escollida polo Grupo de Goberno do Concello da Guarda é unha das dúas posibeis que no ano 2018 entregou a Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra ao  Concello. A alternativa 2 pola que optou o Goberno Municipal ademais de ser a máis cara, conta  co informe negativo de Patrimonio polo  forte impacto en elementos patrimoniais e paisaxísticos. O mesmo informe proponlle ao Concello que opte pola alternativa 3.

 

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz manifesta “non logramos  entender a teima do Grupo de Goberno  de defender un trazado máis caro, con un maior impacto visual e que ademais se atopa con informes desfavorabeis de Patrimonio. A Guarda non se pode permitir que polo capricho do Goberno de turno se teña paralizada a tramitación dun proxecto vital para o noso pobo. Esa é a razón da petición da celebración deste pleno extraordinario na que o BNG vai propoñer ao pleno da Corporación que  se posicione pola outra opción posible para contar cos permisos necesarios  e a partir daí centrarse en  buscar financiación para levar adiante esta infraestrutura”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones