Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A LECTURA DO PREGÓN A CARGO DO PRESIDENTE DA CÁMARA DE VALENÇA MARCARÁ O INICIO OFICIAL DAS FESTAS DE SAN TELMO

Será este sábado ás 19.30h no Teatro Municipal nun acto institucional no que tamén se presentará a bandeira oficial de Tui

Será este sábado ás 19.30h no Teatro Municipal nun acto institucional no que tamén se presentará a bandeira oficial de Tui

Fecha: 26 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

O sábado, 26 de marzo, ás 19.30h terá lugar no Teatro Municipal de Tui un acto institucional no que coa lectura do pregón se dará comezo oficial ás Festas de San Telmo 2016. O Concello de Tui, en acordo plenario do pasado mes de febreiro aprobado por unanimidade, designou ao presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, coma pregoeiro da festas recoñecendo así o seu papel destacado na constitución da Eurocidade Tui-Valença. O acto contará amais coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a presentación oficial da bandeira de Tui que será levada a pleno para a súa aprobación este mércores.

A parte musical correrá a cargo do tudense Sergio Alonso Pazos, alumno de 4º curso de Grao Medio en guitarra clásica e 3º de Grao Medio en guitarra eléctrica no Conservatorio Profesional de Música de Tui, e de Raquel Alves Balado docente o Conservatorio e na Escola de Música de Tui e na Escola de Música de Salvaterra. Interpretarán un programa formado por obras Francis-Paul Demillac, F. Spina e Egberto Gismonti, entre outros. Amais a Banda de Gaitas Arume de Malvas interpretará o himno galego no final do acto. A entrada será libre ata completar o aforamento.

A programación do primeiro día das Festas de San Telmo complétase coa inauguración da exposición "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2016" na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica ás 20.30h. A banda de gaitas Arume de Malvas desfila ás 21h ata o Paseo da Corredoira onde terá lugar o acendido do alumeado das festas e a continuación actuarán en concerto os grupos Ollos Pretos e Donicelas.

Sábado 26

• 19.30h no Teatro Municipal lectura do Pregón das Festas polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Presentación da bandeira oficial de Tui. Entrada Libre.
• 20.30h na Sala de Exposicións Municipal inauguración da mostra "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2016".
• 21.00h dende a Área Panorámica ata o palco da música desfile da Banda de Gaitas Arume de Malvas.
• 21.15h acendido do alumeado das Festas.
• 21.30h no Paseo da Corredoira concerto de Ollos Pretos e Donicelas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones