Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A liquidación do orzamento do Concello da Guarda de 2016 dobra o superávit respecto ao exercicio anterior

Logrouse así un resultado orzamentario moi positivo que supón un importante superávit para o Concello, o dobre que o do ano pasado

Logrouse así un resultado orzamentario moi positivo que supón un importante superávit para o Concello, o dobre que o do ano pasado

Fecha: 31 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda pechou o exercicio 2016 cun resultado orzamentario, despois de realizar os axustes pertinentes, de 605.762,55€. Logrouse así un resultado orzamentario moi positivo que supón un importante superávit para o Concello, o dobre que o do ano pasado (que foi de 395.492,09€). Isto significa que os recursos orzamentarios do Concello cubriron tódolos gastos requiridos e que ademais existe un sobrante de recursos que pasarán a incrementar o remanente de tesourería.

Grazas a este resultado positivo o remanente de tesourería para gastos xerais ascendeu a a 840.161,74€, e o aforro bruto acadou os 935.121,17€. A isto hai que engadirlle que o Concello da Guarda dispuña a finais de 2016 duns fondos líquidos 1.803.589,12€ e que o bo facer, o traballo do equipo de goberno e os continuos esforzos realizados por reducir a débeda cos bancos deron os seus froitos cunha redución progresiva da mesma. Isto tradúcese en que a día 31 de decembro do ano 2016, a débeda cos bancos do concello cifrábase nos 364.172,12€; unha cifra moito menor que os 514.446,01€ que se acadaban a finais de 2015. A tendencia descendente continuará e rematarase este ano 2017 cunha débeda de só 150.278,16€.

Nesta senda, tamén cómpre salientar os datos positivos con respecto do grado de execución dos orzamentos de gasto, que se sitúa nun 91,53%; así como o 117,57% acadado na execución dos impostos directos (IBI, IAE,Imposto de circulación,etc..) ou o 97,95% da execución das taxas e outros ingresos (lixo, auga, sumidoiros..). En canto ás transferencias correntes o grado de execución foi do 113,11%, as obrigas recoñecidas netas chegaron aos 6.218.224,68€ e a recadación aos 6.261.099,36€

Os esforzos realizados dende o Concello reflíctense nestes datos positivos e fixeron que non só se obtiveran uns resultados satisfactorios de liquidación orzamentaria e a xa citada redución da débeda cos bancos; senón que tamén hai que engadir o cumprimento da regra de gasto e da estabilidade orzamentaria no exercicio 2016. Deste xeito confírmase a boa dirección do traballo realizado dende o equipo de goberno, cuns resultados que serven para animar e reforzar unha liña de traballo que fará que esta tendencia positiva continúe nos vindeiros exercicios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí