Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A lírica e a radio fusiónanse no IES Antón Alonso Ríos

A través de Radio Mocidade no centro publican cada venres Poesía Urxente, unha sección dinámica e sinxela que atrae a oíntes e alumnos

A través de Radio Mocidade no centro publican cada venres Poesía Urxente, unha sección dinámica e sinxela que atrae a oíntes e alumnos

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A radio pode ser unha ferramenta excelente para a divulgación da poesía entre o estudantado e iso é algo que teñen moi claro no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Desde o ano 2018, as instalacións da radio municipal Radio Mocidade foron trasladadas ao centro educativo co fin de aproveitar o seu uso para actividades académicas e educativas. Programas de debate, difusión de actividades e eventos do centro, curiosidades científicas… Moitos son os programas desenvolvidos a través deste medio nos últimos tempos, aos cales recentemente se lles sumou unha nova sección: Poesía Urxente.

 

Trátase dun programa semanal que ten como obxectivo a participación do estudantado na divulgación da poesía a través da radio. “Comezamos fai un par de meses e a verdade é que están tendo moi boa acollida. Facemos unha por semana e estanse animando a participar bastantes rapaces e rapazas”, comenta o profesor Luis Lechuga, que se encarga do control técnico da radio.

 

A dinámica é ben simple: cada semana un alumno ou alumna ten que preparar un poema para recitar e, a ser posible, indagar tamén sobre a vida do autor. Adoitan escollerse poemas de poetas con compromiso social, accesibles e de doada comprensión para todo o mundo: Nicanor Parra, María do Cebreiro, Roque Dalton ou Xela Arias son algúns dos persoeiros que xa contan cun programa dedicado na sección. Combinado cunha pequena introdución feita por algún dos profesores e cun fío musical de fondo, o resultado é o dunha peza amena, dinámica e sinxela que atrae tanto aos oíntes coma ao propio alumnado, que mostra un gran interese por participar no proxecto. Tal e o caso de Laura González e María Fernández, alumnas de 4º da ESO, que malia non ter pensado estudar nada vinculado coa radio se interesaron por participar “para coller experiencia e aprender cousas novas”.

 

Simón Santos, profesor de Xeografía e Historia e impulsor da sección, comenta que normalmente anímase a participar o alumnado que non só lle gusta ler na radio, senón que tamén está interesado na lingua e na cultura e que desfruta co proceso. “A idea con isto é que máis alá de facer promoción da radio e buscar que a xente nos escoite sirva tamén por un lado para achegar un xénero como a poesía ao alumnado e por outro achegalos tamén a eles á radio como medio. Ademais, moitos profesores están empregando os programas nas súas clases como recurso educativo”, explica.

 

Nun mundo no que cada vez pesa máis a brevidade e o inmediato, o dinamismo e a duración da sección que non adoita superar os 5 minutos parecen ser unha das claves do seu éxito. Isto facilita a participación de máis estudantes, xa que a gravación das pezas se realiza de forma áxil, en non máis de dez minutos, algo que adoitan facer en cambios de clase ou en horas libres, o que evita restar moito tempo ás demais actividades académicas. Tamén fai que sexa máis doado conseguir unha constancia na creación de contido para a sección, un aspecto moito máis difícil de conseguir noutros programas cun formato máis complexo e desenvolvido.

 

Polo de agora esperan continuar coa sección durante unhas 9 semanas máis, ata o final de curso, aínda que non se descarta darlle continuidade en vindeiros anos se a disposición do profesorado e o alumnado o permiten.

 

Os programas de Poesía Urxente poden ser escoitados na páxina web de Radio Mocidade a través da ligazón: http://radiomocidade.gal/poesia-urxente/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí