Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Mancomunidade do Baixo Miño da luz verde á licitación do Servizo de Atención Temperá da comarca

A reunión celebrouse esta mañá no Concello de Tomiño, municipio que albergará as instalacións do devandito servizo

A reunión celebrouse esta mañá no Concello de Tomiño, municipio que albergará as instalacións do devandito servizo

Fecha: 23 de Julio de 2020

Fuente: Mancomunidade Baixo Miño

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño, deu luz verde á creación da Unidade de Atención Temperá da comarca, cunha xuntanza celebrada no Concello de Tomiño esta mañá, na que aprobaron os pregos de condicións para a licitación do servizo; un servizo que permitirá ás familias con menores con dificultades de aprendizaxe, ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse a Vigo.

A subvención achegada pola Xunta de Galicia e polos propios concellos permitirá contratar a tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia, que atenderán a familias con fillos ou fillas de entre 0 e 6 anos que precisen pautas e estratexias que promovan a súa normalización.

"Entendemos que a estimulación temperá permite detectar e traballar de maneira coordenada e integrada coa familia, facer as derivacións oportunas e dotar dos recursos necesarios, para evitar custosos desprazamentos que son moi gravosos para as familias con menos recursos", explican dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar de Tomiño, que foi o redactor do proxecto para a mancomunidade.

O proxecto alcanzará á Comarca do Baixo Miño -aínda que a unidade estará situada en Tomiño-, que conta cunha poboación total de 48.175 habitantes e 2.035 menores de 6 anos. Dentro da franxa de idade dos 0 aos 6 anos, segundo os datos facilitados, aproximadamente un 10% dos menores desta franxa de idade padecen dalgunha patoloxía do tipo T.E.A., problemas de dicción, foniatría ou TDHA.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones