Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Mesa do Camiño de Santiago en Tui reuniuse para valorar a situación actual da peregrinación

Incidiuse na necesidade de incrementar a calidade dos servizos ofertados aos peregrinos na nosa cidade

Incidiuse na necesidade de incrementar a calidade dos servizos ofertados aos peregrinos na nosa cidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

Avaliar a situación actual e a problemática do Camiño de Santiago, así como a peregrinación ao seu paso por Tui e valorar as necesidades e retos que plantexa foi o obxectivo da reunión da Mesa do Camiño de Santiago en Tui celebrada o pasado mércores, 25 de maio. Estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e contou coa participación de representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. Tamén estivo presente un representante de Turismo de Galicia, neste caso Ildefonso de la Campa, director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da S.A. Xacobeo.

A reunión comezou coa valoración por parte do rexedor tudense, que empezou comentando a nova localización da Oficina Municipal de Turismo e aportando que, segundo os datos achegados dende esta Oficina, ao longo deste ano foron atendidos un total de 7.769 visitantes, deles 5.665 turistas (5.008 españois e 657 estranxeiros) xunto a 2.104 peregrinos (997 españois e 1.107 estranxeiros).

Salientou o alcalde a importancia estratéxica para Tui tras a recente certificación por parte do Goberno de Portugal do Caminho Portugués da Costa entre Porto e Valença e que abre novas expectativas. Enrique cabaleiro sinalou as accións promocionais realizadas en Fitur en Madrid ou na Bolsa de Turismo de Lisboa, tamén que Tui solicitou un Plan de Sostenibilidad Turistica en Destino presentado a través do Xeodestino Ria de Vigo – Baixo Miño con diversas accións vinculadas ao Camiño de Santiago.

No que atinxe as obras relacionadas coas rutas xacobeas, manifestou que o edificio do Cárcere Vello xa foi cedido á Xunta de Galicia para a creación do centro de acollida de visitantes e turistas. Así mesmo, que axiña se iniciaran as obras de humanización das rúa Antero Rubín e Cóengo Valiño polas que discorre o Camiño e referiuse á subvención recentemente concedida para a reforma integral do paso de peóns na zona da Virxe do Camiño.

Tamén se informou sobre o funcionamento do perfil “Camiño Portugués Tui” principalmente en facebook e tamén en instagram. O grupo de facebook conta con máis de 4.800 membros e unha grande actividade, de xeito que se espera chegar ás 900.000 visualizacións entre o 1 de xullo do ano pasado e o vindeiro 30 de xuño.

O representante de Turismo de Galicia, Ildefonso de la Campa, deu conta das medidas impulsadas dende a Xunta de Galicia a prol do sector e da reactivación das rutas xacobeas así como as previsións de afluencia de peregrinos e as medidas que estás artellando para peregrinacións masivas como a Peregrinación Europea de mozos deste verán.

De seguido houbo unha quenda de intervencións dos asistentes que incidiron na necesidade de incrementar a promoción da cidade diante dos peregrinos. Especialmente evidenciaron a súa preocupación polos problemas de mobilidade en transporte público que afectan á nosa cidade pois é dificultoso chegar a Tui tanto dende Santiago como dende Porto. Isto último repercute negativamente na competitividade turística da cidade. Incidiuse na necesidade de mellorar a calidade na oferta turística, coa adaptación de horarios ás necesidades e costumes dos peregrinos así como no preocupante incremento da oferta de establecementos non legalizados.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, manifestou a súa satisfacción por esta reunión pois permitiu coñecer de primeira man a situación deste sector e continuar o traballo que se impulsa a través da Mesa do Camiño de Santiago en Tui de cooperación entre os diversos sectores implicados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí