Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A MÍTICA BANDA BRITÁNICA -THE SPECIALS- ACTUARÁ POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA DENTRO DO FESTIVAL ROCK IN WAY

 The Specials súmanse a The Offspring, The Toy Dolls, Rinôçérôse, Sôber, Delorean, Muchachito Bombo Infierno, Triángulo de Amor Bizarro e outros dez grupos xa confirmados.

Fecha: 12 de Julio de 2011

Fuente: www.xunta.es

A banda británica The Specials incorpórase ao cartel do festival Rock in Way promovido pola Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago os días 9 e 10 de setembro. O festival, organizado por Zircozine Music, con Last Tour International como empresa asociada, conta ademais co patrocinio de Estrella Galicia e Gadis. O mítico grupo, que deu unha nova dimensión ao ska a finais dos anos 70, será un dos pratos fortes do festival. Nos próximos días anunciaranse os nomes das dúas bandas internacionais que completarán un cartel no que xa figuran The Offspring, The Toy Dolls, Rinôçérôse, Sôber, Delorean, Muchachito Bombo Infierno, Las Pelotas, Tote King, Triángulo de Amor Bizarro e outros oito grupos galegos.

The Specials é unha banda formada en Coventry (Inglaterra) en 1977. É un dos grupos máis relevantes de finais dos 70 e principios dos 80, cunha grande influencia na música das décadas seguintes. The Specials mesturaron os ritmos bailables xamaicanos do ska e o rocksteady coa enerxía e a actitude do punk e un importante compromiso social e político, especialmente no seu posicionamento contra o racismo. Desa mestura naceu o estilo chamado 2 Tone e o éxito de cancións como "Ghost Town", "Too Much Too Young", "A Message To You, Rudy", "Free Nelson Mandela" e "Gangsters". Logo dos discos Specials (1979) e More Specials (1980), a banda viviu décadas de cambios de formación e aventuras paralelas, ata que en 2008 a maior parte dos membros volveu xuntarse, de novo baixo o nome de The Specials. Agora actuarán por primeira vez en Galicia, logo de ser o ano pasado unha das actuacións destacadas do Festival de Benicàssim.

O festival completará pronto un cartel de 20 bandas en dous escenarios. Destaca a presencia de The Offspring, un dos grupos de rock máis grandes do mundo, as lendas da música The Specials e The Toy Dolls, a mestura de rock e electrónica de Rinôçérôse e Delorean, os potentes directos de Triángulo de Amor Bizarro, Muchachito Bombo Infierno, Tote King e Sôber, e os clásicos do rock arxentino Las Pelotas. Xunto a Triángulo de Amor Bizarro, a ampla representación galega está formada por Niño Y Pistola, The Blows, Igloo, Dirty Socks, Novedades Carminha, Los Chavales, Riff Raff e Temazo Showcase (Malandrómeda, Juanito Broders e Furnier).

Abonos a 29 euros ata o 17 de xullo
O festival quere chegar a todos os petos, polo que aposta por ofrecer abonos de dous días con cámping incluído a prezos anticrise, en lugar de entradas dun só día. Ata o 17 de xullo, os 5.000 primeiros abonos custan 29 euros máis gastos de distribución. Un acordo con Hotel Ciudad de Vacaciones Monte do Gozo permitirá aos que adquiran abonos reservar aloxamento con prezos especiais no albergue e o hotel situados ao lado do recinto dos concertos.

Os puntos de venda serán os seguintes:
- Ticketmaster: www.ticketmaster.es
- Novacaixagalicia: 902 43 44 43, www.novacaixagalicia.es, www.servinova.com
- A Reixa Tenda (Santiago) Pub A Reixa (Santiago).
- Discos Portobello (A Coruña).
- Discos Elepé (Vigo)
- Peggy Records (Ourense).
- Don Disco (Lugo)
- Hiper Froiz (Pontevedra).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones