Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A mocidade de Tomiño tomará as rúas para provocar a reflexión en torno ao dereito á auga

Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO)

Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO)

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A mocidade de Tomiño non para, e neste caso participa coas mozas e mozos doutros nove concellos nunha mobilización moi pouco convencional. Trátase do que se denomina como “comunicación de guerrilla” e que consiste, básicamente, en utilizar intervencións no Espazo público para captar a atención da Sociedade e xerar reflexións na cidadanía en torno a unha temática en concreta. A través de accións de performance, de uso non vandálico do mobiliario público e outras estratéxias do mundo da publicidade.

 

As mozas e mozos de Tomiño, xunto coa mocidade de outros nove concellos - A Pastoriza, Bergondo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ponteareas, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Pontevedra e Teo - que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, poderán paticipar en obradoiros sobre comunicación orientada ao cambio social, onde aprenderan técnicas tan innovadoras como as da “comunicación de guerrilla”, pero tamén sobre a temática que abordarán na súa mobilización: a auga como un dereito humano fundamental e a crise climática global.

 

O Obradoiro “Técnicas Básicas de Comunicación de Guerrilla” en Tomiño terá lugar o vindeiro 8 de outubro de 9 a 13h e de 16h a 18h en Goián, no edificio anexo ao Mercado Municipal. A inscrición é de balde e pode facerse dende xa na web municipal tomino.gal ou a través da ligazón: https://tomino.gal/inscricion-comunicacion-de-guerrilla/ Tras o obradoiro, levarase a cabo a acción de comunicación de guerrilla final como intervención pública de denuncia e sensibilización.

 

Estas accións enmarcanse no proxecto ‘People & Planet: un destino común promovido pola Comisión Europea e que busca sensibilizar e concienciar ás mozas e mozos europeos sobre o cambio climático e o seu grave impacto no planeta e na vida das persoas. O obxectivo é convertirlles en axentes activos do cambio. A iniciativa comezou en 2020 e terá unha diuración de 4 anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí