Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A mocidade elixe os seus proxectos favoritos no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023

A votación, dirixida a rapaces e rapazas de Tomiño e Cerveira de 12 a 25 anos, será dende este 9 ata o 13 de decembro

A votación, dirixida a rapaces e rapazas de Tomiño e Cerveira de 12 a 25 anos, será dende este 9 ata o 13 de decembro

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) da Eurocidade Cerveira-Tomiño arranca este venres 9 de decembro a súa fase de votacións cunha edición que lle dá especial protagonismo á mocidade. Dende hoxe e ata o vindeiro 13 de decembro, os rapaces e rapazas de entre 12 e 25 anos que residan ou estuden en Tomiño e Cerveira poderán elixir o seu favorito entre os catro proxectos que optan a conseguir o financiamento para desenvolverse no vindeiro 2023.

Nesta edición, o proceso participativo realizarase tanto nos centros educativos como en liña, dependendo das e dos participantes: así, os mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que estuden en Tomiño ou Vila Nova de Cerveira votarán nos centros educativos, mentres que a rapazada con máis de 18 anos ou con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos pero que non estean matriculados en ningún centro destes dous concellos poderá votar ata o día 12 a través da páxina web do OPT2023.

Durante cinco días, rapaces e rapazas poderán escoller así o proxecto ‘Música Nova’, que terá como base a realización de obradoiros de educación en valores a través da música, ensaios de grupos musicais, improvisacións e miniconcertos e actuacións de rúa.

Outra das iniciativas a votación son os ‘Xogos Eurocidade’, que procura dinamizar diversas actividades deportivas baseadas en xogos tradicionais, así como en probas típicas dos xogos sen fronteira adaptadas aos recursos e deportes máis actuais, como o paintball, slide...

A preocupación polo cambio climático tamén está presente entre as catro propostas do OPT2023. Así, con ‘Eurocidade polo clima’ desenvolveranse obradoiros formativos en competencias de comunicación (uso de redes sociais e comunicación audiovisual) que servirán de base para a planificación de actividades, campañas de sensibilización dirixida á poboación sénior, á poboación activa ou en ambiente escolar, encontros e debates ou actos de intercambio con campañas internacionais contra as alteracións climáticas.

Por outra banda, a través de ‘Youth4Clima’ poderase participar en talleres de reutilización de residuos cotiás e de utilización de recursos naturais locais na produción de produtos (por exemplo, xabóns, deterxentes, velas...); en accións de reforestación da marxe da ribeira e nun programa anual de limpeza das marxes artellado entre os dous concellos e entre freguesías, ou en actividades de capacitación da mocidade sobre fauna de ribeira (aves, mamíferos, peixes e anfibios) e flora autóctona.

Deste xeito, a rapazada terá a última palabra á hora de escoller as dúas iniciativas que finalmente serán financiadas cun importe total conxunto de 20.000 euros polos concellos de Tomiño e Cerveira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí