Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A muralista Lidia Cao deixa a súa pegada na vila grazas ao Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño

O mural é unha das propostas que o grupo de participación Voces Novas lle fixo ao Concello.

O mural é unha das propostas que o grupo de participación Voces Novas lle fixo ao Concello.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

As nenas e nenos de “Voces Novas” solicitaron ao Concello o pintado dun mural co obxectivo de disimular unha das medianeiras que afean o entorno de Tomiño e o Concello acolleu de bo grado esta iniciativa que busca acabar co “feísmo” na vila.

O Consello da Infancia realizou unha enquisa entre o alumnado do IES e das escolas de Tomiño para decidir, democráticamente, a temática do mural. Por unha ampla maioría, o ganador foi o medio ambiente ou a natureza, uns temas cos que as novas xeracións tomiñesas están moi concienciadas.

No proceso de selección, “Voces Novas” contactou con varias artistas para explicarlles a súa proposta e, finalmente, foi Lidia Cao a persoa elixida, pois entendeu á perfección o que estaban a pedirlle.  As nenas e nenos do Consello da Infancia e a Mocidade querían reflectir no mural a súa implicación no coidado do medio ambiente e a súa relación de respecto e admiración pola natureza.

O boceto, transformado xa nun mural de 147 metros cadrados na parede dun edificio da rúa República Arxentina, é a imaxe dunha rapaza cun paxaro na cabeza e o perfil dun can, un deseño vangardista, bello, directo, que mellora o aspecto da zona á vez que reinvindica a paixón polos animais e un profundo respecto pola natureza, a mensaxe que “Voces Novas” pretendía enviar ao conxunto da sociedade.

Lidia Cao é técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña. Ten participado cos seus traballos en festivais de arte urbano dentro e fóra de España, e a pesares da súa curta idade xa se ten posicionado como unha das máis importantes artistas nacionais dentro do seu campo.

A posta en marcha do órgano de participación infantil e xuvenil “Voces Novas” de Tomiño é unha das acción levadas a cabo polo concello de Tomiño para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí