Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A música de raíz, protagonista da programación de espazos sonoros para esta fin de semana

O domingo 11, o ciclo viaxa ata o castelo da Guarda, cun concerto de cantos de cego de Galicia e Portugal a cargo de Ariel Ninas e César Prata

O domingo 11, o ciclo viaxa ata o castelo da Guarda, cun concerto de cantos de cego de Galicia e Portugal a cargo de Ariel Ninas e César Prata

Fecha: 10 de Septiembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A programación do festival Espazos Sonoros 2016 terá como protagonista esta fin de semana a música de raíz e de hoxe, co concerto que ofrecerá o grupo Tres Pesos, o sábado 10 de setembro, no Museo Etnolóxico de Ribadavia, nunha actuación de balde e de entrada libre ata completar a capacidade.

Felisa Segade, Xosé Antón Ferreira e Estevo Lamas, tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, actuarán ás 19:00 horas na que fora a antiga casa do marqués de Baamonde, actual sede do Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde presentarán o seu primeiro traballo, ‘Acta fundacional'.

Desde alí, partirá previamente, ás 15:00 horas, un roteiro fluvial a Francelos, no que as persoas inscritas terán ocasión de percorrer unha paraxe de gran riqueza etnolóxica, natural e paisaxística, que transcorrerá pola beira do río Avia e por un tramo do antigo Camiño Real que unía Ribadavia con Tui. O peirao de Porto Corbeira, a igrexa de San Xes de Francelos, do século IX, o val de Valparaíso e as pozas naturais que forma o río Brul son algúns dos atractivos desta andaina.

A programación da fin de semana deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación -a través da Secretaría Xeral de Cultura-, baixo a dirección artística de Belén Bermejo, complétase o domingo 11 cunha xornada que afondará no patrimonio musical, arquitectónico e vitivinícola da fronteira co país veciño.

Cantos de cego de Galicia e Portugal
Ás 19:30 horas, no castelo de Santa Cruz da Guarda, o dúo formado por César Prata e Ariel Ninas achegarase á tradición dun personaxe singular na cultura musical universal: a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido entre as dúas ribeiras do río Miño. Estes dous músicos, de Galicia e de Portugal, recrearán cancións, cantares de cego, que, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas, nun concerto gratuíto e de entrada libre ata completar a capacidade.

Entre viñas e fortes
Esta actuación musical poralle o peche a unha xornada, que comezará pola mañá no Baixo Miño, nunha zona na que conviven numerosas fortificacións militares transfronteirizas, xurdidas das guerras que enfrontaron a España e Portugal, e que configuran unha das arquitecturas militares máis interesantes do século XVII en Europa.

A xornada permitirá, por unha banda, un achegamento á cultura e á paisaxe vitivinícola dunha das subzonas da denominación de orixe Rías Baixas, a dos viños do Rosal, cun percorrido a pé de viñas polas plantacións das adegas Terras Gauda e, por outra, a descuberta do castelo de Santa Cruz, a través dunha visita guiada á fortificación.

Nove concertos e diversas actividades
Desde o pasado 3 de setembro e ata o 18 de outubro, Espazos Sonoros 2016 propón un achegamento a diferentes edificacións históricas dos concellos de Vimianzo, de Ribadavia, da Guarda, de Pedrafita do Cebreiro, de Lalín, de Monterrei, de Bergondo, de Palas de Rei, da Coruña e de Baiona a través dunha programación que inclúe nove concertos e actividades como camiñadas, visitas guiadas e obradoiros de música antiga para afondar no coñecemento dos instrumentos.

A igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, en Palas de Rei; o castelo de Santa Cruz, na Guarda; o pazo de Liñares, en Lalín; Santa María a Real do Cebreiro e o castelo de Monterrei son algúns dos espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o Ensemble Gilles Binchois, La Xácara, La Compagna, Solo Voces e o organista Adrián Regueiro ou a pianista Paula Ríos, encargada de recuperar a obra para piano de Rosa García Ascot e Xesús Bal y Gay.

Tampouco falta na programación deste ano o habitual espazo para a difusión dos órganos históricos. Nesta ocasión, o 17 de setembro, o festival visitará os órganos que se atopan ao longo da primeira etapa do Camiño Francés á súa entrada en Galicia, desde O Cebreiro ata Sarria, pasando por Samos.


O prazo para inscribirse nestas roldas pola paisaxe organística está actualmente aberto e as persoas interesadas en participar poden enviar ata o 14 de setembro un correo ao enderezo actividades@espazossonoros.org.


Concertos de balde e actividades con inscrición previa
A programación completa da novena edición de Espazos Sonoros, pode consultarse en www.espazossonoros.org e en www.cultura.gal/axenda. Todos os concertos do festival Espazos Sonoros son de balde e a entrada é libre ata completar a capacidade. No caso das actividades, as que contan con prazas limitadas requiren inscrición previa nas datas establecidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones