Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A música e o baile protagonistas no primeiro domingo das festas de San Telmo

Nove grupos tudenses participarán no Festival Folclórico ás 18h no Teatro Municipal

Nove grupos tudenses participarán no Festival Folclórico ás 18h no Teatro Municipal

Fecha: 01 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

A música e o baile serán os protagonistas no primeiro domingos das festas de San Telmo, este domingo 1 de abril. A Charanga "Cantos Somos" actuará polas rúas de Tui entre ás 12h e ás 14h animando así a segunda xornada festiva.

Pola tarde ás 18h comezará no Teatro Municipal o Festival Folclórico Festas de San Telmo con entrada libre ata completar a capacidade do patio de butacas. Participarán os grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, baile e gaitas da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns que ofrecerán unha boa mostra do alto nivel que teñen estas agrupacións.

A orquestra Miramar actuará no Paseo da Corredoira ás 18h e ás 20.30h, e a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no mesmo paseo ás 19.30h, aínda que en caso de choiva esta última actuación cancelarase.

Programación Festas de San Telmo - Domingo 1 de abril
• 12.00-14.00 h Actuación polas rúas de Tui da Charanga "Cantos Somos".
• 18.00-21.00 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico Festas de San Telmo coa participación do grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, baile e gaitas da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 18:00-19:30 h No Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Miramar.
• 19.30-20.30 h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.
• 20:30-22:00 h No Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Miramar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones