Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Oficina Municipal de Turismo atendeu 117 peregrinos na primeira quincena de decembro

Foron 43 persoas españolas e 74 internacionais que estaban a realizar o Camiño de Santiago

Foron 43 persoas españolas e 74 internacionais que estaban a realizar o Camiño de Santiago

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

A cidade de Tui como porta de entrada dos Camiños Portugueses a Santiago continua recibindo neste mes de decembro un continuo fluxo de peregrinos que acreditan a vitalidade das rutas históricas xacobeas.

Nestes primeiros quince días do mes de decembro, segundo os datos estatísticos aportados pola Oficina Municipal de Turismo tudense, foron atendidos un total de 117 peregrinos, 74 deles de procedencia internacional (63%) e os 43 restantes orixinarios de España (37%). Resulta moi significativo que aínda contando coa ponte da pasada semana a porcentaxe de peregrinos estranxeiros acade estas cifran tan superiores aos peregrinos españois. Onte mesmo, mércores foron 11 os peregrinos, todos de procedencia internacional, que foron atendidos na oficina de turismo do Concello de Tui.

Estes peregrinos internacionais proceden de catorce países distintos coa seguinte distribución: Portugal 28 (38%), Alemaña 18 (24%), Francia 6, Brasil 5, Bélxica 3, Suíza 3, EEUU 3, Corea 2, Arxentina 2, Reino Unido 1, México 1, Australia 1 e Ucraína 1.

Pola súa banda os 43 peregrinos españois proceden de: Andalucía 17 (16%), Galicia 9, Madrid 7, C. Valenciana 4, Castela A Mancha 2, Cataluña 2 e Illas Baleares 2.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, estes datos aínda que, nunha primeira impresión, resulten modestos teñen un gran valor pois nun mes tradicionalmente de escasa presenza de peregrinos, como é decembro, o Camiño Portugués continua a manter unha crecente dinámica na afluencia de persoas que percorrendo os camiños históricos de peregrinación dende Portugal ata Compostela entran en Galicia polas cidades de Valença e Tui. O Concello de Tui garante o seu compromiso por continuar traballando na difusión do Camiño Portugués como un dos principais recursos culturais e turísticos do noso municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí