A oitava edición do Minho Reggae Splash regresa a Goián esta fin de semana
O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae.
Etiquetas del contenido
Fecha: 02 de Septiembre de 2017
Fuente: Infomiño.com
O colectivo conta con máis de dez anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos tanto en Galiza como Portugal.
Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, ecoloxismo e sustentabilidade.
O eixo principal deste proxecto é, como o seu nome indica, o Río Miño, mais non ten una connotación fronteiriza, senón que tenta ser un nexo de irmandade e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.
O festival Minho Reggae Splah é, en definitiva, un evento sociocultural transfronteirizo centrado na música reggae e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, do Estado español, Portugal, Europa, Brasil, Xamaica,... entre outros, co fin de difundir o reggae e a súa filosofía.
Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, charlas, proxeccións, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.
VENTA DE ENTRADAS: https://www.ticketea.com/entradas-festival-minho-reggae-sunsplash-2017/
PROGRAMA DE ACTIVIDADES E CONCERTOS DO VII FESTIVAL MINHO REGGAE SPLASH - 1 e 2 de setembro do 2018, Goián (Tomiño)
Venres 1 de setembro
- No recinto dos concertos do festival:
Escenario Bandas
21:30 - 22:45: Cachas and Cousins
23:00 - 00:15: Ras Kuko
00:30 - 01:45: Mango Wood
02:00 - 03:30: Downtown Beat
Dub Corner
3:30h a 6:30h: Skank-Fu
Hi-Fi, George Palmer, Nytto Dread e Payoh Solurebel
Sábado 2 de setembro
- Actividades de día na zona de acampada:
13:00h a 14:00h: Sesión de Wake up yoga da man de Aarón Pousa de Tikki Ioga
15:00h a 16:00h: Set acustico de Ritiele Cunha
16:00h a 17:00h: Entrevista aberta de Photosoundreggae a George Palmer.
16:30h a 19:00h: Obradoiros de malabares con mazas, bolas e Sticks, de bola kontact e de acrobacia. Da man da compañía de de circo social Orballada.
17:00h a 18:00h: Obradoiro de Meditacion tibetano a cargo de Renarenato de VigoMedita.
19:00h a 20:00h: Actuación da compañía Asacocirco.
- Actividades de noite no recinto dos concertos do festival:
Dub Corner
21:00 - 22:00: Skank-Fu Hi-Fi
Escenario Bandas
22:00 - 23:00: Dandy Fever
23:15 - 00:30: Marcus Gad
00:45 - 02:30: Bob Wasa & Rod Taylor
02:45 - 04:00: Mo'Kalamity and the Wizards
Dub Corner
04:00 - 06:00: Blackboard Jungle
INFORMACIÓN DE INTERÉS
1) ZONAS HABILITADAS PARA O FESTIVAL, SERVIZOS E NORMAS DE ACCESO
2) CÓMO CHEGAR - MAPAS
3) CONTACTOS ÚTILES
1) ZONAS HABILITADAS PARA O FESTIVAL, SERVIZOS E NORMAS DE ACCESO
A asociación cultural Minho Reggae disporá de dous espazos naturais para o desenrolo do Festival próximos á fermosa praia fluvial de Goián (Tomiño). Nestes espazos naturais habilitaremos unha zona de acampada e un recinto para os concertos. Ambos espazos serán de uso exclusivo para aqueles visitantes que dispoñan de entradas para o festival agás nas horas nas que non se desenvolvan actividades.
Estas
dúas zonas están próximas a unha área
protexida de alto valor ecolóxico.
Por iso rogámosche que empregues estas zonas co respeto e coidado que
merecen deixando todo tal e como a topaches e seguindo as indicacións da
organización.
Zona de acampada e aparcadoiro:
A zona de acampada e descanso permanecerá aberta dende o venres día 1 ata o domingo día 3 de setembro para tódolos visitantes con abono. Hai duchas na praia fluvial que está a 7 min andando da zona de acampada.
Se ves en coche, furgoneta ou caravana ao lado da praia fluvial hai aparcadoiro gratuíto. Se vas acampar coa túa tenda dende o aparcadoiro ata a zona de acampada hai un paseíño de 5min. Dende a acampada ata o recinto dos concertos hai 15min andando.
Para instalar a túa tenda de campaña terás que dirixirte aos responsables da organización e inscribirte deixando o teu nome, apelidos e DNI. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou tutores legais.
Lamentablemente non se permite o acceso a cans a esta zona por importantes e distintos motivos alleos á vontade do festival.
Neste
mesmo espazo da acampada o sábado haberá
almorzos da man da Café-teterái Bio La Cantina Solar e distintos postos con comida para xantar que
ofrecerán; pizzas, quches, patacas recheas, veggy burgues etc. Gracias
a estes servizos poderás ir despertando para participar nas actividades tanto recreativas como educativas que se levarán a cabo
nesta mesma zona o sábado dende as 12
ata as 20h.
Espazo dos concertos:
O
recinto dos concertos está situado a 15 min da zona de acampada e a 7min da praia fluvial. Atoparás unha
fermosa ruta iluminada e decorada polo colectivo Ecosistemas que te guiará ata
o espazo dos concertos.
Este espazo abrirase a tódolos públicos tanto o venres e sábado de 15:00h a 20:00h, para quen queira visitar os distintos postos instalados sen ter que mercar entrada. A partir das 20:00h a entrada ao recinto requerirá de entrada mercada en taquilla ou por anticipado noutros puntos de venda. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou tutores legais para acceder ao recinto a partir desta última franxa horaria.
Lamentablemente non se permite o acceso a cans a esta zona por distintos motivos alleos á vontade do festival.
No recinto levaranse a cabo distintos concertos e soundsystem tanto o venres como sábado dende ás 21:00h ata as 6:00h.
O recinto dos concertos contará con:
-
Barra de bebidas frías e do tempo
entre as que cabe destacar este ano como novidade a venda da cervexa artesá
Selektah, creada para o festival Minho Reggae por Vacaloura e Trisk-Ale
- Alimentación. Haberá varios stands
con veggie vibes foods para tódolos gustos nos que poderás cear; pizzas, quiche,
burguers, salchichas veggies, patacas
recheas..,etc
- Stands de merchandise do festival e doutros colectivos e particulares.
-
Mercado de artesanía.
2) CÓMO CHEGAR
A
cidade principal máis próxima ao festival é Vigo. Dende a estación de autobuses
de Vigo podes coller un autobús ata a vila de Goián e camiñar uns dous
quilómetros ata o Espazo Fortaleza. A empresa que vai ata Goián (Tomiño) é ATSA e os autobuses son os que van
dirección A Guarda.
Estos son os horarios dos
autobuses de venres e sábado saíndo dende a estación de autobuses de Vigo.
VENRES:
10h,
11h, 11:30h,12h, 13h,13:30h, 14h, 14:30h, 15:30h a 17:30h, 18h, 19h, 20:30h
SÁBADO:
10:30h,
12:30h, 15h, 17:30h, 20:30
Para consultar máis horarios: www.automovilesdetuy.es / 986.61.02.55
Se chegas por Portugal, a vila lusa máis próxima ao festival é Vila Nova de Cerveira. Esta encóntrase a tres quilómetros de Goián. A Vila Nova de Cerveira podes chegar en autobús ou en tren.
Consultar trens en Portugal en www.cp.pt
Consultar autobuses en Portugal en www.rede-expressos.pt
MAPAS DENDE ALGUNHAS CIDADES ATA A ZONA DE ACAMPADA:
Vigo- Zona de Acampada:
Tui- Zona de Acampada:
Vila Nova Cerveira-Zona de Acampada:
3) CONTACTOS ÚTILES
ESTACION DE AUTOBUSES VIGO
www.vigobus.com
Telf. (00 34) 986 373 411
ESTACION DE TRENS VIGO
www.renfe.com
Telf. (00 34) 902432343
TRENS DE PORTUGAL
ATSA (AUTOBUSES DE TUI - A GUARDA)
www.automovilesdetuy.es
Telf. (00 34) 986 610 255
ESTACION DE FERROCARRIL GUILLAREI TUI
Telf. (00 34) 986 601 109
EMERXENCIAS INCENDIOS FORESTAIS
Telf. (00 34) 085
CENTRO DE SAUDE TOMIÑO
Telf. (00 34) 986 623 411

