Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A OMIX de Tomiño elimina barreiras de comunicación cun novo curso de lingua de signos

O obradoiro comezará o 25 de marzo e impartirase os sábados de 11.00 a 14.00 horas na Escola Obradoiro de Goián

O obradoiro comezará o 25 de marzo e impartirase os sábados de 11.00 a 14.00 horas na Escola Obradoiro de Goián

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello continúa ampliando a oferta formativa e de lecer para a mocidade tomiñesa. Neste camiño, a OMIX de Tomiño organiza un novo curso de lingua de signos española nivel A1.2, un taller enfocado a que ao alumnado participante amplíe os seus coñecementos básicos e as técnicas instrumentais no uso desta lingua. “É unha forma de eliminar barreiras de comunicación e de facilitar o intercambio de información, a socialización... entre persoas oíntes e persoas xordas”, explica a alcaldesa, Sandra González.

Os obxectivos desta iniciativa será dar ás persoas participantes as pautas necesarias para continuar avanzando nesta lingua, aprender a signar, coñecer aspectos gramaticais básicos, así como o alfabeto dactilolóxico, signos e expresións habituais. “Dende o Concello consideramos que esta formación é moi útil para os nosos mozos e mozas e permítenos seguir concienciando á rapazada sobre a importancia de rachar barreiras e camiñar cara unha inclusión real”, salienta a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez.

As clases comezarán o 25 de marzo e impartiranse todos os sábados ata o vindeiro 10 de xuño en horario de 11.00 a 14.00 horas na Escola Obradoiro de Goián. Este curso está destinado a mozos e mozas a partir de 12 anos e terá un custo de 20 euros. A inscrición xa está aberta na web do Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí