Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A OMIX de Tomiño presenta a súa programación para o mes de abril

Cursos sobre como elaborar un currículum innovador, usar Google Docs Online ou o manexo de LinkedIn, entre as opcións ofertadas

Cursos sobre como elaborar un currículum innovador, usar Google Docs Online ou o manexo de LinkedIn, entre as opcións ofertadas

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

No marco da habitual programación formativa que desenvolve a OMIX de Tomiño, a oficina municipal  vén de facer pública a súa oferta de cursos para o mes de abril, no que estarán dispoñibles catro obradoiros sobre distintas temáticas.

CURSO ONLINE COMO ELABORAR UN CV INNOVADOR

Unha cuestión fundamental á hora de atopar traballo é ter unha boa carta de presentación que nos faga destacar, e para isto é importante aproveitar todas as ferramentas que os novos medios nos ofrecen. No curso abordaranse conceptos e eidos coma o portfolio, o blog profesional ou a tarxeta de visita a través de códigos QR, entre outros. Terá unha duración de 20 horas e un prezo de 15 euros. As datas nas que se impartirá irán desde o 13 ao 26 de abril, de luns a venres en horarios de 19:00 a 21:00 horas. Vai dirixido especialmente a persoas desempregadas, estudantes en xeral e a todas as persoas que queiran mellorar as súas posibilidades de atopar traballo.

OBRADOIRO ONLINE: LINKEDIN, a rede social que máis che fará crecer

As redes sociais poden ser unha forma excelente para atopar emprego e LinkedIn é o mellor exemplo diso. O Curso pretende mostrar as transformacións xeradas polas novas tecnoloxías no ámbito empresarial e laboral e as novas formas de relacionarse e comunicarse neste ámbito en internet, ensinando as bases para comprender o funcionamento da plataforma e as distintas estratexias que existen para acadar o éxito profesional.

O curso será impartido por Raúl Ordóñez, especialista en márketing e estratexia online con máis de 20 anos de experiencia no sector. Director de Sherpa Cultura Digital dende onde guían a empresas e profesionais a adaptarse con éxito ao cambio tecnolóxico e colaborador habitual con diferentes universidades coma a USC, Universidade de Jaén e diferentes escolas de negocios e finanzas.

Impartirase do 12 ao 15 de abril en horario de luns a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas e está dirixido a todas as persoas interesadas entre os 16 e os 35 anos (se quedan prazas libres poderán facer o curso as  maiores de 35). Terá un prezo de 15 euros.

Curso de Aplicacións de Google: GOOGLE DOCS ONLINE

O manexo das aplicacións de procesamento de textos e xestión de documentos tense tornado fundamental nos últimos tempos e desde a OMIX ofrecen agora a oportunidade de introducirse ao manexo de Google Docs Online. O curso será en modalidade ONLINE con clases gravadas en vídeo e dispoñibles nunha web con formato de academia online, con vídeos explicativos, documentos PDF e nalgúns casos enlaces a webs. Haberá titorías de luns a venres por correo electrónico. O horario é libre: cadaquén escolle cando realizar a formación malia que o curso terá unha data de inicio e remate (comezará o 19 de abril e rematará un mes despois). Terá un prezo de 10 euros.

CURSO DE FRANCÉS ONLINE NIVEL MEDIO

Os participantes deste curso terán a oportunidade de seguir ampliando os seus coñecementos sobre o idioma e a cultura francesa de xeito ameno e, sobre todo, práctico, da man dunha filóloga nativa. O curso terá 20 horas de duración, comezará o 21 de abril, e terá lugar todos os mércores de 20:00 a 22:00 horas. Impartirase de xeito online e terá un prezo de 10 euros.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na web municipal. Para máis información pódese contactar coa oficina municipal a través do correo omix@tomino.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí