Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A película -Tódalas mulleres que coñezo-, de Xiana do Teixeiro, proxectarase en aberto en Tomiño

O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade

O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade

Fecha: 21 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Servizo Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño, proxectará os días martes 21 de xullo, e mércores 22, a película "Tódalas mulleres que coñezo", de Xiana do Teixeiro; un filme estreado en 2018, seleccionado e premiado en distintos festivais.

Trátase dunha actividade dirixida á poboación moza, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado on line do documental, e posterior faladoiro, tamén on line, coa intervención da directora.

O filme, de carácter documental, será proxectado mañá e pasado en aberto, propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.

Posteriormente, o xoves 23 ás 20.00 horas, celebrarase un faladoiro coa autora, Xiana do Teixeiro, no que se poderá compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. O coloquio terá un límite de 25 persoas.

Tanto para o visionado do filme, coma para participar no faladoiro, é necesario inscribirse previamente. Para isto é preciso rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.

Formulario de inscrición

Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.

Estas actividades estás financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género.

FICHA TÉCNICA
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)
Gravada en: Lugo e Ourense
Xénero: Documental
Duración: 71 minutos

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones