Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda acusa a Xunta de Galiza de irresponsabilidade pola falta de persoal no Centro de saúde

A falta de persoal sanitario está xerando unha sobrecarga de traballo aos profesionais do centro de saúde que provoca unha atención aos pacientes deficitaria con moitos días de espera para poder ter unha consulta.

A falta de persoal sanitario está xerando unha sobrecarga de traballo aos profesionais do centro de saúde que provoca unha atención aos pacientes deficitaria con moitos días de espera para poder ter unha consulta. | Foto arquivo: Infomiño.com

Etiquetas del contenido

Fuente: plataforma en defensa da sanid

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vimos denunciando desde fai meses a falta de persoal sanitario. Na actualidade o Centro de Saúde da Guarda dispón unicamente de 4 médic@s (ás veces menos) dunha plantilla de 8. Outro tanto ocorre co persoal de enfermería que só dispón do   40% dos efectivos que corresponde a este servizo. Está situación que nunca pode ser aceptábel, neste momento que vivimos, coa pandemia do coronavirus sen superar, transfórmase nunha auténtica irresponsabilidade por parte das autoridades da Xunta de Galiza.

 

A  falta de persoal sanitario está xerando unha sobrecarga de traballo aos profesionais do centro de saúde  que provoca  unha atención aos pacientes   deficitaria con moitos  días de espera  para poder ter unha consulta.

 

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda somos plenamente conscientes que estamos diante dun deterioro moi grave dun servizo público esencial para a poboación como é a sanidade.

 

Compartimos o enfado da sociedade guardesa diante desta situación e pedímoslle que dirixa as críticas contra o verdadeiro responsábel, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza.

 

Sería absolutamente erroneo orientar a nosa indignación contra os traballadores e traballadoras  da sanidade. Os traballadores e traballadoras son víctimas igual que os usuarios,  dun proceso de recortes na sanidade pública galega levada adiante pola Xunta de Galiza nos últimos anos e deben ser os nosos aliados na defensa e na reivindicación dunha sanidade pública galega de calidade.

 

A plataforma desconvoca a concentración que tiñamos previsto realizar este xoves 17 de setembro por mor do estado epidemeolóxico da Guarda. Cando a situación o permita temos previsto realizar unha grande mobilización   para denunciar a situación que vivimos e para esixir da Xunta de Galiza o persoal necesario para que o centro de saúde funcione dentro duns parámetros de calidade aceptabeis. Agardamos a resposta positiva  de todos e todas vós.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí