Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda chama a participar na concentración do día 24 en Vigo

A concentración convocada por todas as Plataformas da área sanitaria realizarase diante do edificio da Xunta en Vigo ás 11:30 da mañá e saírán autobuses gratuítos desde a comarca

A concentración convocada por todas as Plataformas da área sanitaria realizarase diante do edificio da Xunta en Vigo ás 11:30 da mañá e saírán autobuses gratuítos desde a comarca

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2022

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica da Guarda

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a veciñanza a participar na Concentración en defensa da Sanidade Pública convocada por todas as Plataformas en Defensa da Sanidade da Área Sanitaria de Vigo o próximo xoves día 24 de marzo ás 11.30 da mañá diante do edificio da Xunta de Galiza en Vigo. Sairán autobuses gratuítos desde a comarca e calquera persoa que queira participar pode anotarse chamando ao 986 610465.

 

Desde a Plataforma Guardesa manifestamos que o nível de deterioro da Sanidade Pública requere respostas conxuntas da cidadanía para premer a Xunta de Galiza diante do deterioro progresivo ao que levan sometendo este servizo público esencial.

 

A Plataforma está convencida que só coa mobilización da cidadanía  imos ser capaces de frear o deterioro da sanidade e afianzar certos  logros como o que acabamos de conseguir despois de moita presión e moitas mobilizacións. Transitoriamente o PAC da Guarda ven de ser dotado cun nov@ médic@ para urxencias. Considerámolo un logro importante e felicitámonos por telo conseguido, pero é unha medida incompleta porque tería que vir acompañado por un/unha enfermeir@ adicional que complete este segundo equipo de urxencias e debemos manternos vixilantes para que non se revirta esta decisión.

 

Continuamos esixindo, asimesmo, a cobertura completa das ausencias do Centro de Saúde e a dotación dunha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí