Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a participar na manifestación contra o deterioro da atención primaria

A manifestación sairá ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago de Compostela o próximo domingo 14 de Novembro.

A manifestación sairá ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago de Compostela o próximo domingo 14 de Novembro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Noviembre de 2021

Fuente: Plataforma Defensa da Sanidade Pública na Guarda

A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública De Galiza, súmase á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública diante do perigo a que está sometida a atención primaria pola falta de persoal e medios.

A manifestación  sairá ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago de Compostela o próximo domingo 14 de Novembro. Desde A Guarda sairán autobuses gratuítos e as persoas que queiran reservar praza poden facelo no tfno. 986-610465.

O centro de saúde da nosa localidade é un exemplo claro do deterioro da atención primaria . Nas próximas semanas teremos no mellor dos casos 4 de 8 médic@s e como consecuencia continuaremos a ter unha atención sanitaria moi deficitaria que levamos arrastrando desde antes da Pandemia. Esta situación en maior ou menor grao é unha constante en toda Galiza.

 Necesitamos máis persoal sanitario para facer unha atención presencial en condicións  e iso pasa necesariamente por destinar máis recursos económicos  a atención primaria que é unha parte fundamental da sanidade pública.

As políticas de privatización e recortes na sanidade pública   desenvoltas polo    PP de Feixoo desde que chegou á Xunta de Galiza leváronnos a situación actual, por iso desde a Plataforma chamamos  a sociedade guardesa a dar unha resposta contundente  co resto das plataformas e organizacións que conformamos SOS sanidade pública.  A sanidade pública está en perigo e temos a obriga de defendela, vainos a vida niso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí