Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda solicita reunirse co Conselleiro de Sanidade

Non podemos crer as promesas que nos fan mentres vemos cos nosos ollos a precarización día a día da atención na nosa vila.

Non podemos crer as promesas que nos fan mentres vemos cos nosos ollos a precarización día a día da atención na nosa vila.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2021

Fuente: Plataforma Defensa da Sanidade Pública na Guarda

Diante dos anuncios aparecidos nos medios de comunicación sobre a construción dun hipotético Centro Integral de Saúde (CIS) para a nosa localidade, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda  solicitou unha reunión co Conselleiro de Sanidade.

 

A Plataforma manifesta a súa sorpresa polo anuncio da Consellaría de Sanidade, xa que  no Proxecto de Orzamentos que está en trámite neste momento no Parlamento da Galiza non aparece ningunha consignación orzamentaria sobre o hipotético centro.

 

Nesta reunión que agardamos que o Conselleiro teña a ben concedernos nun prazo breve de tempo a Plataforma pediralle ao Conselleiro que concrete en que prazos e con que fondos teñen previsto abordar este CIS.

 

A  Plataforma ten intención de abordar tamén nesta reunión  o deterioro permanente do Centro de Saúde da Guarda pola falta de profesionais e urxirá  ao Conselleiro  a restablecer o cadro médico do Centro que é a necesidade fundamental que temos  os usuarios e usuarias do Centro.

 

Neste sentido e, polas informacións que temos, a Plataforma considera inaudito o anuncio realizado, tendo en conta a situación que enfrontará o noso Centro nas próximas semanas, con 4 médicos en total, ou  3 de se dar o peor dos casos, a repartir entre xornada de mañá e xornada de tarde.

 

Temos constancia de que o Sergas optará antes, chegado o caso, por anular as consultas ordinarias  e orientar na práctica a actividade do Centro ás urxencias. Non podemos crer as promesas que nos fan mentres vemos cos nosos ollos a precarización día a día da atención na nosa vila.

 

A Plataforma  anuncia que participarán na manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o 14 de Novembro en defensa da recuperación  da atención primaria convocada por SOS Sanidade Pública e polas Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de toda Galiza. Nos  próximos días desenvolveran unha campaña de información  para facilitar a participación do maior número posíbel  de persoas  nesta manifestación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí