Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A plataforma en Defensa da Sanidade publica de Tomiño pide un Plan de Mellora da Atención Primaria

As políticas de recortes e descapitalización na Asistencia Sanitaria, realizada sibilinamente polo PP na Xunta de Galicia, esta levando o desmantelamento e privatización da Sanidade e mais na Atención Primaria.

As políticas de recortes e descapitalización na Asistencia Sanitaria, realizada sibilinamente polo PP na Xunta de Galicia, esta levando o desmantelamento e privatización da Sanidade e mais na Atención Primaria.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Enero de 2022

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica de Tomiño

A plataforma en Defensa da Sanidade publica de Tomiño, ante a situación existente na area sanitaria de Vigo e na comarca, de colapso da atención primaria pola sobrecarga asistencial derivada da Pandemia polo Covid - 19, quere manifestar que a Atención Primaria xa atravesaba unha profunda crise estrutural, con déficit de profesionais pola falta de adecuación dos cadros de persoal as necesidades poboacionais, a non renovación de xubilacións, baixas e vacacións, con demoras e masificación na asistencia, como consecuencia dos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular. Na actualidade, os orzamentos na Atención Primaria apenas supoñen o 12 % do orzamento sanitario total, que volve a baixar un 2% nos actuais  presuposto presentados  polo PP no parlamento Galego. Evidentemente é  insuficiente e é urxente incrementalo.

Estas medidas para evitar a transmisión, están tendo consecuencias negativas na calidade da atención que reciben as e os cidadáns, entre elas o incremento das listas de espera e o atraso no diagnostico de patoloxías como as tumorais.

 Queremos solidarizarnos cos traballadores sanitarios, co seu importante compromiso nos momentos críticos, e pedirlle que non decaian no seu traballo e atención non soi as patoloxía Covid e Urxentes,  senón tamén as patoloxías crónicas. Os traballadores sanitarios, están sufrindo, políticas de persoal ausentes de incentivos para sentirse atraídos polo sistema público, que agotan, frustan e os condenan a emigrar ou a traballar na sanidade privada.  

As  Autoridades Sanitarias do Sergas, pedímoslle un plan de continxencia XA!!,  có incremento de persoal para dar cobertura as necesidades asistenciais e de sobrecarga actual. Para esto é preciso, contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal implementando un “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura ás necesidades de saúde da poboación e dea estabilidade no traballo. As políticas de recortes  e descapitalización na Asistencia Sanitaria, realizada sibilinamente polo PP na Xunta de Galicia,  esta levando o desmantelamento e  privatización da Sanidade  e mais na Atención Primaria.

A poboación pedímoslle unha defensa expresa da sanidade pública, porque é a única garantía de acceso a unha atención sanitaria de calidade e equidade da cidadanía.  Comprensión  cos traballadores da Atención Primaria que se atopan exhaustos e desprotexido pola Administración, así  como o cumprimento das normas sanitarias, de utilización das  mascarillas e distancia de seguridade, evitando as aglomeracións, como forma de evitar o colapso do sistema sanitario.

 

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí